• 2. A Prehistoria

    • Icona Video
      Vídeo: A Prehistoria en 6 minutos

      Vídeo resumo da Prehistoria

    • Icona Video
      Vídeo: A orixe do ser humano

      O Homo sapiens, a única especie que aínda sobrevive de todo o xénero Homo e dos homínidos. Por tanto, os seus parentes vivos máis próximos son o gorila, o chimpancé ou o orangután.

      Homo sapiens sapiens significa “home que pensa”. 

      O Homo sapiens é de orixe africana, apareceu fai uns 40.000- 150.000 anos e se estendeu por todo o mundo. A súa expansión por Europa coincide coa extinción do seu coetáneo o home de Neanderthal (Homo neanderthalensis).

    • Icona Ficheiro
      Apuntamentos: A Prehistoria

      Presentación sobre a Prehistoria cos contidos máis importantes do tema.

    • Icona Video
      Altamira (2016) Trailer en español

      En 1879, un arqueólogo amateur, Marcelino Sanz de Sautuola (Antonio Banderas), e a súa filla de oito anos, María, descubriron en Cantabria unha das obras prehistóricas máis importantes da Historia: as pinturas de Altamira. Lonxe de proporcionarlle honra e gloria, a súa cegadora contribución á historia enfrontoulle coa Igrexa católica e coa indiferenza e o escarnio da comunidade científica da época, a pesar dos seus esforzos por demostrar a veracidade do descubrimento.

    • Icona Video
      Os Fillos da Terra

      Os fillos da terra (na versión orixinal Earth's Children) é o nome dunha hexaloxía, escrita pola escritora estadounidense Jean M. Auel e cuxo primeiro libro foi traducido ao galego por Xurxo Bértola. Os feitos da historia acontecen en Europa, no Paleolítico, a mediados da Glaciación de Würm. A protagonista da serie é unha muller de Cromañon chamada Ayla. A serie vendeu máis de 45 millóns de exemplares en todo o mundo.

      Segundo declara Auel, ela estaba interesada en escribir un libro narrativo ambientado na Prehistoria. Estaba interesada especialmente nunha época do Pleistoceno na que conviviron dúas especies humanas: os Homo sapiens e os Homo neanderthalensis. Aínda que ambos grupos habitaban ao longo todo o continente, durante a narración déixase entrever en varias ocasións que os Cromañon estaban a desprazar pouco a pouco aos Neanderthal, que se dirixen lentamente cara a extinción.

      Títulos

      A autora afirmou que a saga remata con este sexto exemplar, aínda que non descarta seguir escribindo outras novelas ambientadas na mesma época, á marxe da serie.