Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

R

Regalismo borbónico:

Conxunto de medidas levadas a cabo polos monarcas da casa de Borbón durante o século XVIII para limitar e controlar o poder da Igrexa católica no contexto da  potenciación do absolutismo real. Os reis reivindicaron fronte  á Igrexa as súas regalías​ (prerrogativas reais), pretensión que xerou importantes conflitos.  Finalmente conseguiron impoñer o ​padroado rexio​ (o dereito a propoñer os candidatos a ocupar as sedes  eclesiásticas vacantes) e o placet​ (o poder de reter as bulas e provisións da Santa Sede destinadas á Igrexa española), recoñecidos no Concordato de 1753. Neste mesmo ámbito  habería que incluír accións como a redución dos poderes do Santo Oficio ou a expulsión dos xesuítas (1767).