Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

M

Megalitismo

Literalmente significa “grandes pedras” (do grego “mega” –grande- e “litos” –pedra-), fai alusión ás construcións arquitectónicas formadas por grandes pedras chamados megálitos. Os tipos básicos son: menhir ou pedrafita (monólito fincado no chan verticalmente), crómlech (menhires formando un círculo) e dolmen ou anta (sepulcros formados por unha cámara que pode estar precedida dun corredor). Corresponden a unha ampla cronoloxía que vai desde finais do Neolítico até a Idade do Bronce.

Imaxe relacionada