Información xeral sobre o período de formación na empresa no réxime DUAL INTENSIVO
Os ciclos formativos de oferta ordinaria polo réxime intensivo incorporarán un período de formación na empresa ou no organismo equiparado como parte integrada do currículo dos módulos profesionais, contribuíndo á adquisición de resultados de aprendizaxe.
A formación na empresa ou organismo equiparado terá unha duración de entre o 35 % e o 50 % da duración total das ensinanzas. No réxime intensivo, a formación na empresa estará remunerada, ben a través dun contrato en alternancia ou ben mediante bolsa por formación.
No réxime DUAL INTENSIVO non se pode solicitar a exención do período de formación na empresa aínda que o alumno teña experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo.
Finalidade da formación na empresa
Segundo o artigo 56 da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, a fase de formación na empresa ou no organismo equiparado polo réxime xeral e intensivo terá a seguinte finalidade:
a) Participar na adquisición de competencias profesionais propias de cada oferta formativa.
b) Coñecer a realidade da contorna laboral do sector produtivo ou de servizos de referencia, que permita a adopción de decisións sobre futuros itinerarios formativos e profesionais, prestando especial atención ás oportunidades de emprego e emprendemento existentes ou emerxentes nas contornas rurais e nas zonas en declive demográfico.
c) Participar no desenvolvemento dunha identidade profesional emprendedora e motivadora para a aprendizaxe ao longo da vida e a adaptación aos cambios nos sectores produtivos ou de servizos.
d) Adquirir habilidades permanentes vinculadas á profesión que requiren situacións reais de traballo.
e) Facilitar unha experiencia de inserción profesional, a relación cun cadro de persoal e o respecto á normativa de prevención de riscos laborais.
Ciclos na modalidade DUAL INTENSIVA
Os ciclos que temos na modalidade DUAL INTENSIVA no IES MURALLA ROMANA son:
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
Administración e finanzas
Formalización da formación na empresa
Para a formalización da formación na empresa mediante bolsa de formación firmarase:


