Convocatoria de bolsas MEC 2026/27 para estudos postobrigatorios

Publicouse a convocatoria das bolsas MEC de carácter xeral para o curso 2026/27, dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Básico, Medio e Superior, cursos de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e universidades.

Ligazón ao portal oficial de bolsas e axudas do Ministerio:
Bolsas e axudas - Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes 

Prazo de solicitude: do 7 de abril de 2026 ás 8:00 ata o 18 de maio de 2026 ás 15:00 h.

Se o próximo curso pensas estudar Bacharelato, Formación Profesional ou na Universidade, interésache consultar a seguinte información:

Información complementaria (Universidade de Vigo e Universidade da Coruña):

As solicitudes deberán realizarse a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

O prazo é único, polo que as solicitudes presentadas fóra del non serán admitidas.

Para resolver dúbidas, pódese contactar coas seccións de bolsas das universidades:

A información recollida nesta publicación é meramente informativa. Para calquera dúbida ou para consultar todos os detalles (requisitos, contías, procedemento, etc.), deberá atenderse á información oficial publicada polo Ministerio de Educación e á convocatoria no BOE, que é a que ten validez legal. 

Cartel BECAS MEC
Alumnado