■ ESO
O alumnado da ESO está integrado no programa EDIXGAL, polo que non emprega libros de texto de xeito xeral.
Porén, durante o curso 2025-2026 aplicarase un sistema híbrido, e nas seguintes materias o alumnado disporá de libro de texto:
- Inglés: Consulta aquí o libro de texto de Inglés
- Francés (2ª lingua estranxeira): Consulta aquí o libro de texto de Francés
IMPORTANTE: O centro contará cun fondo de libros EDIXGAL (Fondo E-Dixgal), polo que, se o alumnado cumpre os requisitos establecidos pola Consellería, é posible que o centro proporcione o libro de Inglés.
Para máis información sobre os criterios de acceso ao fondo solidario, pode consultarse a seguinte ligazón: Información sobre o fondo solidario de libros de texto (Xunta de Galicia)
■ Bacharelato
O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato si debe adquirir libros de texto. Pódense consultar nas seguintes ligazóns:
■ FP Básica
Están dispoñibles as listas de libros de texto para:
Publícase tamén a lista de libros recomendados e material de aula para os módulos de Ciencias Aplicadas na FP Básica, segundo indicación do Departamento de Bioloxía. Listaxe
■ Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior
- Familia de Administración: Non se requiren libros de texto, agás no ciclo de ASIDIR, onde o alumnado deberá consultar o listado de Francés
. - Familia de Informática: Non se utilizan libros de texto.
- Familia de Imaxe Persoal: Non se utilizan libros de texto.
Recoméndase agardar ás indicacións do profesorado ou do centro antes de realizar a compra dos libros de texto nos casos nos que así se mencione.


