Lendo xuntos na Esperela

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 7

 

Como sabedes o vindeiro XOVES  23 DE ABRIL celébrase o Día Internacional do Libro e este ano toca que a nosa

comunidade de O Mosteirón esteamos en confinamento.Por este motivo, desde A Esperela propoñévosmos que

nos enviedes as vosas  recomendacións de  lecturas favoritas durante este confinamento:

 

  • Novelas de amor, misterio, cómics, dramas, historias fantásticas de personaxes lendarios, segredos,   paixóns, sentimentos a flor de pel e momentos de risas… Que libro ou cómic fíxoche sentir algo especial ou simplemente pasar un bo intre?
  •  
  •  
  • Todos/as os/as voluntarios/ as que queirades participar enviaredes un guión previo a aesperela@gmail.com para que reciba o visto e prace.O ÚLTIMO DÍA DE RECEPCIÓN SERÁ O 30 DE ABRIL ÁS 23:55 HORAS.
  •  
  •  Unha vez que o teñades, poderedes gravalo cunha duración que non pode ser superior a
  •  UN MINUTO E MEDIO e subilo a este foro especial de “Lendo Xuntos”. O audio ten que conter os seguintes elementos:
  •  
  •  Presentación: Nome sen apelidos e o curso ao que pertences.
  •                        Por exemplo: “Ola, son Carla de 1º A”.
  •  
  •  Ficha do Libro: O libro ou cómic que lestes mencionando o título, o autor, a editorial e o número de páxinas.
  •  Por exemplo:  “Lin A Lección de August de R. J. PALACIO, publicado na editorial NUBE DE TINTA. Ten 406 páxinas.
  •  
  • Comentario do Libro:
  •  
  •  1.Comenta a historia, a época e lugar no que transcorre, o narrador(tipo de narrador), os personaxes, algo que che chamara a atención.
  •  
  •  2.Comenta por que recomendarías ese libro ou cómic. Explica os motivos.
  •  
  •  
  •  Unha vez que terminases a gravación podes subila a este foro cunha foto da portada, o voso nome e curso para que toda a comunidade de O Mosteirón poida escoitala.

A continuación tedes un exemplo do que podedes facer:

 

 

'La Ratonera' de Agatha CHRISTIE (Pablo, 3E)

https://www.ivoox.com/46077164

 

E para aprender a facer un podcast deixámosvos esta ligazón ao CURSO COMPLETO DE AUDACITY.

 

https://youtu.be/YhU8R08H1R8

 

E se es moi tímido/a tes a posibilidade de subir ao foro o documento que achegamos coa portada do teu libro favorito e unha breve explicación de por que te gusta antes das 23:55 horas do día 22 de abril para que sexa visible o xoves 23.

 

ANIMÁDEVOS QUE SEGURO O PROFESORADO DE LINGUAS TAMÉN TEN AS ORELLAS POSTAS E OS ESCOITA (PODE QUE TEÑA ALGUNHA SORPRESIÑA).

 

 

 

 

 

En resposta a Usuario eliminado

Re: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

por Usuario eliminado -

AFTER 1. AQUÍ EMPIEZA TODO POR ANNA TODD (VANESA , 2 ESO)

https://www.ivoox.com/50276327

Anexo A.jpg
En resposta a Usuario eliminado

Re: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

por Usuario eliminado -

Moitísimas graza polas túas recomendacións. Estou segura de que moitas compañeiras e compañeiros van a tomar nota. Tamén quero darte a noraboa polo estupendo traballo dos dous podcasts que tes feito e subido a ivoox. Xa lle podemos preguntar a Josema a súa opinión.

Unha aperta!

En resposta a Usuario eliminado

Re: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

por Usuario eliminado -

Buen trabajo, Vane. Qué bonito empezar una amistad (y algo más) con un debate sobre Orgullo y prejuicio ^_^ 

En resposta a Usuario eliminado

Re: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

por Usuario eliminado -
En resposta a Usuario eliminado

Re: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

por Usuario eliminado -

É moi bó traballo! Animaría a todo o alumnado do Mosteirón a que colabore durante este confinamento.