Section outline
-
17 novembro 2010
Nesta presentación tedes a temporalización do obradoiro cos seus contidos, características do material Abalar e orientacións da consellería ó respecto dos protocolos e normativas. Tamén facilítovos unha normativa non rematada na que se establecen protocolos de actuación e sancións.
-
24 novembro 2010
Na sesión do Mércores 24 fixemos unha pequena presentación do Linux-Ubuntu, do escritorio Gnome e realizamos unha práctica sobre a instalación do dvd edu-ubuntu. Atoparedes os tres documentos. Lembrade que na presentación atópanse os enlaces aos videos de Richard Stallman, un dos creadores de Linux falando da diferencia entre o software libre e o privativo. E non esquezades o video dos monxes e o libro!
-
1 decembro 2010
O mércores 1 de Decembro familiarizámonos, mediante diferentes prácticas, co Ubuntu 10.4 e para iso detivémonos no Escritorio Gnome e en diversas exemplarizacións ao respecto: barras de ferramentas, superior e inferior do escritorio e prácticas cos Lanzadores. Déixámosvos a continuación arquivos en pdf. -
Nesta sesión do 12 de Xaneiro repasaremos o manexo do Ubuntu e falaremos da Normativa e Protocolo de uso dos Portátiles.
-
No día de hoxe (9-II) faremos prácticas no ordeador co software de Smart. Déixovos tres arquivos. Dous referentes ó encerado dixital (EDI), e un sobre aplicacións da EDI e tamén direccións sobre repositorios.