- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Departamentos/Aulas
- Programacións
- Biblioteca
- Galerías
- Calendario
- Contido recente
CONVOCATORIA ORDINARIA – MAIO 2026
Segundo a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa: “Será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato para a obtención do título de bacharel”.
O alumnado que non supere algunha materia, logo da avaliación final do período ordinario, coa finalidade de facilitar a súa recuperación, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria entre o 8 e o 10 de xuño (segundo calendario elaborado dende Xefatura de estudos).
ENTREGA DE BOLETÍNS da convocatoria ordinaria de 2º de Bacharelato: O xoves, 14 de maio, ás 08:30 horas, nas respectivas aulas de titoría.
A continuación, o alumnado que titule debe baixar directamente ao Salón de actos onde Xefatura de estudos faralle entrega da documentación necesaria para solicitar o título de bacharelato e formalizar a matrícula na PAU.
Referencias legais do procedemento de revisión e reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
- Instrución 2/2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/26.
1. Revisión das cualificacións no centro: Durante o venres 15 e o luns 18 de maio, de 9:00 a 14:00 horas, o alumnado maior de idade, ou as súas nais, pais ou persoas titoras legais de ser menor de idade, poderán solicitar ao profesorado a revisión das diversas probas e todas as aclaracións que consideren precisas (Anexo 1).
No suposto de que, tras as oportunas aclaracións, persista o desacordo con algunha cualificación final, o alumnado maior de idade, ou as súas nais, pais ou persoas titoras legais de ser menor de idade, poderán solicitar por escrito no centro (Anexo 2) nese mesmo prazo (venres 15 e luns 18 de maio, de 9:00 a 14:00 horas) a revisión da devandita cualificación por parte do correspondente departamento didáctico. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión.
Notificación escrita por parte da dirección do centro aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento: Esta levarase a cabo o martes, 19 de maio, ás 12:00, na Xefatura de estudos do centro.
2. Reclamación ante Dirección Territorial: No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o alumnado maior de idade, ou a súa nai, pai ou persoas titoras legais de ser menor de idade, poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o mércores, 20 e o xoves, 21 de maio, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Dirección Territorial (Anexo 3).
A dirección do centro remitirá o expediente á Dirección territorial que emitirá resolución motivada e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada. Ademais, no caso de que a resolución supoña que o/a alumno/a pode presentarse á PAU, tamén será comunicado á Comisión Interuniversitaria de Galicia.
Contra a resolución da Dirección Territorial, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
MATRÍCULA PAU ORDINARIA 2026
O ALUMNADO DEBE REALIZAR A MATRÍCULA NO CENTRO ENTRE O XOVES 14 E O LUNS 18 DE MAIO, preferentemente, nas quendas establecidas:
2º BACH A.- Xoves, 14 de maio, de 10:30 a 13:30
2º BACH B.- Xoves, 14 de maio, de 16:00 a 18:00
2º BACH C.- Venres, 15 de maio, de 9:00 a 12:00
PASOS A SEGUIR:
PASO 1: SOLICITUDE TÍTULO DE BACHARELATO
- Impreso de pago de taxas:
Pago de taxas e prezos / Iniciar taxa / Acceso libre.
Iniciar taxa. Seleccionar 302003 – Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE.
É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial.
Ver Anexo Impreso taxas para cubrir correctamente os datos
- Impreso cuberto da solicitude de expedición do título de Bacharelato (ver Solicitude expedición título de bacharelato)
- Fotocopia DNI
- Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
PASO 2: MATRÍCULA PAU
- Aportar xustificante de ter solicitada a expedición do título de Bacharelato (paso anterior)
- Aportar xustificante de pago de taxas da solicitude do título de Bacharelato (paso anterior)
- Fotocopia DNI
- Impreso de prematrícula PAU
(https://www.ciug.gal/uploads/PDF/2026/PAU/69f871ab18f53257418156impresom...)
- Impreso de pago de taxas PAU
(https://www.ciug.gal/uploads/PDF/2026/Grupos_Traballo/69c6799f0012b65738...)
(serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do Decreto 55/2025, de 30 de xuño, referentes a Familia numerosa (Categoría Xeral e Categoría Especial), persoas con discapacidade (igual ou superior a 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero e persoas beneficiarias da prestación do ingreso vital mínimo ou persoal das Universidades do Sistema Universitario Galego). Neste caso, precísase que se faga entrega tamén da fotocopia que acredite tales exencións.
O pago das taxas pode efectuarse:
- Online: A través da aplicación NERTA (non precisa xustificante).
- Presencial: A través dunha entidade bancaria co formulario de autoliquidación (tamén xerado en NERTA) entregando o xustificante de pago na secretaría do centro.
Acceso á aplicación NERTA (https://www.edu.xunta.es/nerta), para realizar os trámites relacionados coa proba PAU.
Instrucións sobre o uso da aplicación Nerta
(https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/DescargarFicheiro.do?_nome=inst...)
Coa matrícula xérase unha conta de usuario en Nerta e cada estudante recibe os datos de acceso no seu correo electrónico. Con estes datos, e despois de activar a conta, o alumnado pode acceder a Nerta, revisar a súa matrícula e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito, que se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante.
O alumnado debe revisar á súa matrícula. Se se detecta algún erro na matrícula, débeo comunicar no propio centro antes das 12:00 horas do venres, 22 de maio para que se proceda á modificación da mesma. Non será posible facer cambios na matrícula unha vez finalizado o prazo de revisión.
PRAZO ESPECIAL DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO APROBADO TRAS REVISIÓN NO CENTRO OU TRAS RECLAMACIÓN ANTE DIRECCIÓN TERRITORIAL
Aquel alumnado que supere o Bacharelato como consecuencia do proceso de revisión no centro poderá facer a súa matrícula ata o día 20 de maio a través da aplicación Nerta.
Aquel alumnado que obteña resolución favorable da reclamación ás cualificacións de Bacharelato ante a Dirección Territorial poderá matricularse, a través da aplicación Nerta, das 9:00 ás 14:00 h. do día seguinte á comunicación da resolución.
DATAS, HORARIOS E LUGAR DOS EXAMES
(https://www.ciug.gal/uploads/PDF/2026/PAU/696615e063b07774723611horariod...)
Lugar de realización para o alumnado do IES Miraflores: Comisión Delegada nº 10B con sede na Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña – A Coruña)
Tedes toda a información relacionada cas probas PAU na páxina da CIUG