Section outline

  • Podedes ver as presentacións con información de orientación académica para cada curso da ESO e Bacharelato

    • INFORMACIÓN UNIVERSIDADES:

      - UDC: 

      Xornadas de Portas Abertas Virtuais. 30 e 31 de marzo de 2022

      <https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/
      Poderás participar nas videoconferencias en liña para coñecer as titulacións
      de grao da Universidade da Coruña (UDC) e o desenvolvemento da
      ABAU/Preinscrición 2022 (Pedro Armas, delegado da CiUG impartirá una charla cada día ás 16:00 h.)

      Busca as titulacións do teu interese. Na súa ficha encontrarás o horario, a
      ligazón para a charla e máis información que te pode axudar

      unirte á charla e máis información que te pode axudar.

      https://www.udc.es/export/sites/udc/futuros_estudantes/_galeria_down/portas-
      abertas/Parrila-XPAV-MARZO-2022-CHARLAS-GRAOS-def.pdf_2063069239.pdf

      Na web da UDC: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/ podemos atopar información importante para futuros estudantes:
      * Vídeoconferencias de todos os Graos
      * Vídeos curtos dos Centros nos que se imparten
      * Vídeos con experiencias de alumnado matriculado e egresado
      * Vídeos da vida Universitaria: Residencias, Deporte, Cultura, Centro de Linguas, Voluntariado, Emprego, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente...

      - USC:

      A USC (Campus de Lugo e de Santiago), celebrará os días 23, 24 e 25 de marzo os "Encontros Virtuais na Zona USC" dirixidos ao estudantado  de Bacharelato. Debido á situación na que nos atopamos, os encontros coa Universidade este curso son de forma virtual a través da páxina web da USC:

      https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

      Dende esta páxina poderán enlazar con todas as páxinas dos Encontros e enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas) nas que haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:

      o    Presentacións das titulacións

      o    Opinión dos estudantes sobre a titulación

      o    Pílulas relacionadas coa titulación

      o    Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profesorado e estudantado de cada titulación. A través dese enlace o estudantado poderá falar por VIDEOCONFERENCIA con responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas. En cada enlace figurarán os horarios de cada unha destas videoconferencias.


      - UNIFERIA: Do 22 ao 24 de febreiro de 2021 celébrase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22: https://youtu.be/vCq51CXx-z0

      A navegación é libre, tras rexistrarse. O horario é de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h 

      Funcionará como unha Feira Universitaria presencial: https://grado-uniferia.crue.org/  pola que poderá pasear o seu alumnado visitando os stands das Universidades españolas presentes na Feira. A Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO.




    • Convocatoria premios extraordinarios de Bacharelato 2020/21

      Convócanse os premios extraordinarios de bacharelato  para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato (en calquera das modalidades) no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia  e obteña unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. 

      Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.  Cada premio estará dotado con 1.000 € e ademais este alumnado poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2021/22.

      Estes premios son compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais. 

      As persoas que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de solicitude, ao correspondente premio nacional. 


      Enlace á convocatoria 

      https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-120421-0001_gl.pdf

    • PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

       Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

      • REQUISITOS:

      - Requisitos para proba de acceso a Ciclo superior: carecer dos requisitos académicos para acceder directamente a Ciclo Superior e cumprir 19 anos no ano de realización da proba.

      - Requisitos para a proba de acceso a Ciclo Medio: carecer dos requisitos académicos para acceder directamente a Ciclo Muperior e cumprir 17 anos no ano de realización da proba.

      • PRAZO DE INSCRICIÓN E DATA DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

      Prazo de inscrición probas de acceso a Ciclo Superior: do 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos incluídos. Data de celebración da proba de acceso a Ciclo Superior: 15 de abril de 2021

      Prazo de inscrición probas de acceso a Ciclo Medio: do 15 ao 26 de marzo de 2021,ambos incluídos. Data de celebración da proba de acceso a Ciclo Medio: 27 de maio


      Pode consultar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

      Máis información:


    • ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA

      Estudos ofertados pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

      Guía dinámica da Escola: https://escolaconservacion.gal/guia-de-contidos-da-escola/

      Vídeo: Guía dinámica da Escola: https://www.youtube.com/watch?v=P77_l7TeYzc

      Vídeo de difusión xeral da Escola:https://www.youtube.com/watch?v=0jgqMhhm8-o



    • ESCOLA SUPERIOR ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA

      A ESADg organiza esta actividade para dar a coñecer a súa oferta educativa para o curso 2021/22. Unha oportunidade única para descubrir todo sobre estas opcións formativas e as súas saídas laborais, o funcionamento da escola, así como para resolver calquera dúbida en relación aos estudos e aos procesos de admisión e acceso.

      Dirección escénica e dramaturxia
      25 maio | 17:00 h
      DANI SALGADO | danisalgado@edu.xunta.gal

      Interpretación
      26 maio | 17:00 h
      NURIA  MONTERO | nmgullon@edu.xunta.gal

      Escenografía
      27 maio | 17:00 h
      CARMEN ROMERO | romerorodriguez@edu.xunta.gal

      COMO FUNCIONAN?
      Cada departamento ofrece unha presentación, dunha hora de duración, a través da plataforma Webex Cisco Meeting (non é preciso ter a aplicación instalada).
      Tamén poderás charlar con alumnado matriculado das distintas especialidades para dar resposta a diferentes cuestións:

      • Por que realizar estudos de artes escénicas?
      • Cal é a oferta educativa da ESADg?
      • Que competencias se adquiren en dirección escénica e dramaturxia? E en escenografía e interpretación?
      • Cal é a relación co ámbito profesional?
      • Como van desenvolverse as probas de acceso?
      • Dúbidas e preguntas.


      COMO PARTICIPAR?
      Confirma a túa asistencia enviandonos un correo electrónico segundo a túa especialidade de interese, co teu nome e apellidos e correo electrónico. O día da reunión, recibirás unha mensaxe dez minutos antes do seu comezo, cun enlace para poder acceder á videoconferencia.

      +INFOwww.esadgalicia.com