2. Funcións da linguaxe

As funcións da linguaxe derivan dos fins concretos da comunicación, das intencións do emisor. Establécense seis en relación cos elementos do acto comunicativo.

Representativa ou referencial. Centrada no referente, serve para transmitir información de xeito obxectivo. É a propia dos textos expositivos.

Expresiva ou emotiva. Centrada no emisor, manifesta a visión deste (sentimentos, pareceres...). Está presente sobre todo nos textos argumentativos e conversacionais.

Apelativa ou conativa. Centrada no receptor, permite chamar a súa atención e influír no seu comportamento. É común nos textos publicitarios.

Fática ou de contacto. Centrada na canle, serve para comprobar que se establece a comunicación e guiala.

Poética ou estética. Centrada na mensaxe, deleita coa atención á forma desta. Presente nos textos literarios e publicitarios.

Metalingüística. Centrada no código, transmite información específica sobre este.

As funcións adoitan aparecer combinadas no discurso e maniféstanse mediante determinados procedementos.

 

Apoios

1. A conexión entre os elementos da comunicación e as funcións da linguaxe.

2. Explicación do profesor Carlos G. Figueiras para o seu alumnado.

 

Actividades

1. Atende o vídeo e responde as cuestións seguintes.

  • a) Que será o relativismo lingüístico?
  • b) Achega dúas razóns presentes na intervención de Xurxo Mariño que poden motivar a aprendizaxe de novas linguas.
  • c) Que funcións da linguaxe podes advertir na charla? Cal é a dominante?
  • d) Que diferentes propósitos comunicativos están na mente do relator?
  • e) De que xeito o uso das funcións axusta a codificación ao contexto - situación?

2. Resolve estes dous exercicios.

sol1

sol2