Pronome persoal
2. Solucións
Libro de texto

Engadidos
2. Localiza os erros de colocación do pronome átono -un por parágrafo- e xustifica os cambios precisos.
1º PAR. *poderase, pois está precedido dunha conxunción subordinante. Debe ser: que, de maneira excepcional, se poderá obter. [Mais, se o inciso fose abondo longo, deixaría de ser efectiva a causa da anteposición]
2º PAR. *presentouse, pola mesma razón. Debe ser: que o alumno se presentou ás probas.
3º PAR. *se sinala, posto que o adverbio agora co valor 'neste momento' non fai antepoñer o pronome (cando significa 'axiña', si: "espera, agora cho traio"). Debe ser: agora sinálase no texto.
3. Identifica os dativos de solidariedade e os de interese nas seguintes oracións.
Estádeme caladiños, por favor. [DI]
Colleumo e liscou. --
Trouxéronmevos un xamón, nunca me pasara. [DS]
Ese langrán non che nos fai caso ningún, nin que foramos estraños. [DS]
Que rico, sábeche ben este rustrido. [DS]
Moreniña, dóenche os ollos? / Tamén che me doen os meus: / vámolos lavar ao río / onde a troita lava os seus. [DS]
A rula vaise queixando / que lle roubaron o niño. / Quen cho mandou facer, rula, / tanto á beira do camiño? --
Desde a casa do meu sogro / sentín cantar unha merla: / érache a miña rapaza / que estaba no prado á herba. [DS]
4. Explica en que consiste cada un dos seguintes erros no uso dos pronomes e corríxeos.
Creo que me deixei aquí o móbil. (Deixar non é pronominal)
Leveille o disfrace e non se o puxo. (Poñer non pode usarse como reflexivo cando xa leva CD: o)
O xustificante xa llo llelo entreguei a todos os profes. (LLes+o = llelo; a outra solución é dialectal)
Viches a Brais? Teño que o levar e non lle o vexo. (Ver leva CD primariamente. Si podería ser "Non lle vexo os pés a Brais")
Toda a xente que queira nos poderanos consultar as súas dúbidas. (Agás que estivese enfatizado o suxeito, non pode antepoñerse o pronome, non hai razón ningunha)
Que bárbaro, con que te cortaches as unllas? (Cortar non pode usarse reflexivo cando xa leva CD: as unllas)
Agora non che podo ir, xa me subín no bus. (Subir non é pronominal)