Pronome persoal
| Sitio: | Aula Virtual do IES do Milladoiro |
| Curso: | Lingua Galega 1º BAC 23/24 |
| Libro: | Pronome persoal |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 26 de decembro de 2025, 11:34 PM |
1. Algunhas claves do pronome persoal

Partimos desta lectura inicial.


O pronome persoal, do IES de Mos.
Aprendo galego (tamén inclúe práctica).

1. Localiza os erros de colocación do pronome átono -un por parágrafo- e xustifica os cambios precisos.
O borrador do decreto co que o Ministerio de Educación ordena e fixa os contidos do novo Bacharelato contempla a posibilidade de que esta etapa se poida cursar en 3 anos e que se poida chegar a Selectividade (ABAU) cun suspenso. A norma especifica as condicións en que, de maneira excepcional, poderase obter o título cun suspenso.
O borrador que deu a coñecer a Ser establece catro puntos: que o equipo docente considere que o alumno alcanzou os obxectivos e competencias vinculados a ese título; que non se producise inasistencia continuada e non xustificada; que o alumno presentouse ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación e que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa sexa igual ou superior a cinco.
En canto á promoción, fíxase un máximo de dous suspensos. " En todo caso, o alumnado deberá matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro. Os centros educativos deberán organizar, de se dar o caso, as consecuentes actividades de recuperación e avaliación das materias pendentes", agora se sinala no texto.
2. Identifica os dativos de solidariedade e os de interese nas seguintes oracións. Fíxate antes nestes casos comentados.
Tráioche as últimas entradas para o concerto [che CI -a ti-]
Tráiochelles a eles as últimas entradas para o concerto [lles CI + che DS, non pode ser CI]
Vai calor [non admite CI]
Vaivos calor [vos DS]
- Estádeme caladiños, por favor.
- Colleumo e liscou.
- Trouxéronmevos un xamón, nunca me pasara.
- Ese langrán non che nos fai caso ningún, nin que foramos estraños.
- Que rico, sábeche ben este rustrido.
- Moreniña, dóenche os ollos? / Tamén che me doen os meus: / vámolos lavar ao río / onde a troita lava os seus.
- A rula vaise queixando / que lle roubaron o niño. / Quen cho mandou facer, rula, / tanto á beira do camiño?
- Desde a casa do meu sogro / sentín cantar unha merla: / érache a miña rapaza / que estaba no prado á herba.
3. Explica en que consiste cada un dos seguintes erros no uso dos pronomes e corríxeos.
*Creo que me deixei aquí o móbil.
*Leveille o disfrace e non se o puxo.
*O xustificante xa llo entreguei a todos os profes.
*Viches a Brais? Teño que o levar e non lle vexo.
*Toda a xente que queira nos poderá consultar as súas dúbidas.
*Que bárbaro, con que te cortaches as unllas?
*Agora non che podo ir, xa me subín no bus.
2. Solucións
Libro de texto

Engadidos
2. Localiza os erros de colocación do pronome átono -un por parágrafo- e xustifica os cambios precisos.
1º PAR. *poderase, pois está precedido dunha conxunción subordinante. Debe ser: que, de maneira excepcional, se poderá obter. [Mais, se o inciso fose abondo longo, deixaría de ser efectiva a causa da anteposición]
2º PAR. *presentouse, pola mesma razón. Debe ser: que o alumno se presentou ás probas.
3º PAR. *se sinala, posto que o adverbio agora co valor 'neste momento' non fai antepoñer o pronome (cando significa 'axiña', si: "espera, agora cho traio"). Debe ser: agora sinálase no texto.
3. Identifica os dativos de solidariedade e os de interese nas seguintes oracións.
Estádeme caladiños, por favor. [DI]
Colleumo e liscou. --
Trouxéronmevos un xamón, nunca me pasara. [DS]
Ese langrán non che nos fai caso ningún, nin que foramos estraños. [DS]
Que rico, sábeche ben este rustrido. [DS]
Moreniña, dóenche os ollos? / Tamén che me doen os meus: / vámolos lavar ao río / onde a troita lava os seus. [DS]
A rula vaise queixando / que lle roubaron o niño. / Quen cho mandou facer, rula, / tanto á beira do camiño? --
Desde a casa do meu sogro / sentín cantar unha merla: / érache a miña rapaza / que estaba no prado á herba. [DS]
4. Explica en que consiste cada un dos seguintes erros no uso dos pronomes e corríxeos.
Creo que me deixei aquí o móbil. (Deixar non é pronominal)
Leveille o disfrace e non se o puxo. (Poñer non pode usarse como reflexivo cando xa leva CD: o)
O xustificante xa llo llelo entreguei a todos os profes. (LLes+o = llelo; a outra solución é dialectal)
Viches a Brais? Teño que o levar e non lle o vexo. (Ver leva CD primariamente. Si podería ser "Non lle vexo os pés a Brais")
Toda a xente que queira nos poderanos consultar as súas dúbidas. (Agás que estivese enfatizado o suxeito, non pode antepoñerse o pronome, non hai razón ningunha)
Que bárbaro, con que te cortaches as unllas? (Cortar non pode usarse reflexivo cando xa leva CD: as unllas)
Agora non che podo ir, xa me subín no bus. (Subir non é pronominal)