Este deporte non ten un regulamento moi complexo. Tan só hai un par detalles que poden confundir ao alumnado que comeza a practicalo.

- Un deles ten que ver co tema do saque e a puntuación. Non é moi diferente ao bádminton. ¡Recorda!, no bádminton (individuais e dobres) o punto sube ó marcador cando se gaña o intercambio de golpes,  o xogador/xogadora que gaña este intercambio de golpes mantén o saque e volve sacar,  ou recupera o saque. Mira este vídeo de partido de individuais e verás como no pickeball individual se xoga co mesmo sistema ca no bádminton.

No pickleball dobres a cousa ainda se complica máis, porque só sube o punto ao taboleiro, se ademáis de ter o saque, é o xogador que saca o que gaña o peloteo.

. O segundo detalle que, ao meu modo de ver, o fai un pouco máis complexo que outro deporte de rede e pá, ten que ver coa secuencia de saque e o posicionamento en dobres. Cando o sacador 1 da parella ó saque non acada gañar o punto, será o sacador 2 quen volverá sacar para xogar un novo peloteo. Se consegue gañalo, anotará punto, senon o consegue haberá cambio de saque para a parella contraria.

Baixo a miña opinión este segundo detalle fai que os puntos e os sets se alarguen máis tempo, polo que é moi probable que non o teñamos en conta non partidos a realizar nas nosas clases de EF.

As regras apréndense xogando. Malia iso, convén que lle botes unha ollada a este resumo do regulamento. Se queres amplia-la información anterior, pincha AQUÍ.

Outra maneira de aprender é ollando vídeos de partidos.

Mira o vídeo de embaixo, que analizaremos na clase con máis detalle, explicando cada cousiña, de vagar.

Última modificación: xoves, 15 de xaneiro de 2026, 6:08 PM