Section outline

  • Como curiosidade direiche que este non é un deporte novo, xa que a súa orixe data do ano 1965. Nace en EE.UU. cando un grupo de congresistas, nos seus ratos de lecer e cansos de xogar ao bádminton, deciden utilizar unhas palas de madeira e unha pelota de goma para xogar pasando a bola por riba da rede de bádminton. O xogo foi calando, polo divertido que lles resultou, e pouco a pouco foron adaptando as regras. Decidiron baixar a rede e colocala máis baixa (coma no tenis) ata a altura que ten hoxe en día (92 cms nos extremos e 86 cms no centro). Como nun principio se xogaba nos xardíns destes congresistas o deporte ainda non tiña denominación. Resulta que na casa dun deses congresistas había un can chamado "pick", o cal, cada vez que se xogaba no xardín da casa, se apuntaba ao xogo. O can "pick" collía a pelota coa súa boca e escapaba correndo, cada vez que a pelota saía da cancha. Foi entón cando un dos congresistas dixo "pick´s ball" ("a pelota de pick"). O que daría lugar ao actual nome pickleball.