5. Os mapas.

5.2. As proxeccións cartográficas.

Proxección

A esfericidade do planeta fai que sexa complexo trasladar a súa superficie curva a un plano. Este proceso non se pode realizar directamente, coma sucedería se a Terra tivese por exemplo unha forma cúbica. Un corpo esférico como a Terra non pode "abrirse e aplanarse" (ou, falando tecnicamente, non pode desenvolverse).

Así, os cartógrafos teñen que transformar a superficie terrestre esférica nunha plana empregando os sistemas de proxección, que consisten na superposición de corpos xeométricos que sí se poidan desenvolver (cilindros, conos, planos) sobre a esfera,e trasladar a eles a súa superficie (proxección) para logo “abrir” a figura e obter o mapa.

Proxección


pwpPulsa sobre o icono para ver unha presentación sobre as proxeccións cartográficas