Tema 1. A representación da Terra
| Sitio: | Aula Virtual IES Mendiño |
| Curso: | 25/26 XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO |
| Libro: | Tema 1. A representación da Terra |
| Impreso por: | Visiteur anonyme |
| Data: | venres, 16 de xaneiro de 2026, 3:12 AM |
Descrición
Libro cos apuntamentos do tema 1.
1. A forma da Terra.

A forma da Terra.
.Xunto coa forma da Terra é importante ter en conta a inclinación do seu eixo uns 23º, feito de grande transcendencia para o clima aos ser responsable da distribución das estacións do ano nos hemisferios
2. Os movementos da Terra.
|
· O movemento de rotación: Movemento do noso planeta sobre o seu eixo en sentido oeste - leste. Tarda 24 horas en completarse e implica tanto a sucesión de días e noites como a existencia de distintas franxas horarias. |
|
|
· O movemento de translación: Movemento do noso planeta arredor do Sol. A Terra tarda 365 días e 6 horas en completar a órbita en torno o Sol. Este movemento implica, xunto coa inclinación do eixo da Terra, as estacións do ano, xa que os raios do Sol inciden de xeito diferente ao longo do ano en cada hemisferio. Así no solsticio do 21 de xuño, o Hemisferio Norte inclínase cara ao Sol. Os raios do Sol inciden de forma máis perpendicular e os días son máis longos cas noites, iniciándose neste hemisferio o verán. No Hemisferio Sur prodúcese a situación contraria, iniciándose entón o inverno.
|
![]() |
| Podes ollar este vídeo demenos de 5' para entender mellor como se producen as estacións e porque están "cambiadas" entre os hemisferios Norte e Sur. |
3. A rede xeográfica.

· Os paralelos son liñas perpendiculares ao eixo terrestre que están trazadas de Oeste a Leste. O paralelo de referencia para a localización xeográfica é o Ecuador ou paralelo 0. Este paralelo divide o planeta nos hemisferios Norte e Sur; outros paralelos importantes son o Trópico de Cáncer e o Trópico de Capricornio, que sinalan os puntos do planeta que reciben máis enerxía do Sol.
· Os meridianos son liñas trazadas de Norte e Sur, unindo os polos da Terra. O meridiano de referencia para a localización xeográfica é o meridiano 0 ou meridiano de Greenwich.
A localización xeográfica baséase na distancia con respecto ao Ecuador (latitude) e na distancia con respecto ao meridiano 0 (lonxitude). Deste xeito a latitude pode ser Norte ou Sur e vai desde os 0º aos 90º situados en cada un dos polos. Pola súa banda a lonxitude pode ser Leste ou Oeste ata un total de 180º en cada dirección. Cómpre non esquecer que a latitude e a lonxitude esprésanse en graos polo carácter esférico do planeta.
|
![]() |
4. Orientándonos.
A orientación xeográfica refírese á posición dun elemento no espazo en
relación aos puntos cardinais. Na actualidade as técnicas de orientación
atópanse moi desenvolvidas, tal e como demostra o GPS (siglas
en inglés de Sistema de Posicionamento Global) baseado na
teledetección, isto é, nas sinais que emiten satélites e que son
recollidas e interpretadas en mapas dixitais.
Mais a orientación existe desde moito antes da revolución científico - tecnolóxica do século XX, de feito, o propio termo orientación fai referencia ao xeito máis simple de orientarse: Oriente (Leste ou Levante) é o punto polo que sae o Sol, polo que coñecendo ese punto cardinal observando o lugar polo que amence pódense determinar os restantes. Outro dos sistemas tradicionais de orientación, neste caso na noite, era observar a Estrela Polar, que sempre marca o norte.
Xunto coa observación dos astros as necesidades de orientación debido aos intereses comerciais, militares etc… fixeron que se desenvolvesen artefactos que sinalasen os puntos cardinais, coma o compás, que consiste en orixe nunha agulla imantada que sinala a posición do norte; ou o astrolabio, que permite a localización dos astros.
5. Os mapas.

Os instrumentos e técnicas de orientación vistos permitiron a elaboración dos mapas, que son representacións gráficas da superficie da Terra, ben en parte ou ben na súa totalidade (mapamundis). A ciencia que se encarga de elaborar os mapas é a cartografía.
Para entender os mapas debemos partir de que as cartógrafas e os cartógrafos se atopan con tres importantes problemas:
1.- Teñen que representar unha superficie moi grande (a realidade) nunha superficie pequena (un mapa). Para solucionar este problema empregan a escala.
2.- Teñen que representar unha superficie esférica como a da Terra, aínda que non sexa unha esfera perfecta, nunha superficie plana. Isto é un imposible matemático que deben afrontar. Para isto empregan as proxeccións cartográficas, se ben cada proxección ten as súas vantaxes e os seus inconvintes.
3.- Teñen que representar unha superficie tridimensional (con relevos diferentes) nun espazo que ten dúas dimensións. Para atender a esta cuestión empregan os sistemas topográficos.
A LENDA.
Para facilitar a comprensión dos mapas está a lenda, cadro incluído no mapa e que recolle os signos convencionais empregados e o seu significado.
5.1. A escala
A escala é a proporción existente entre a realidade e o mapa (cantas veces se tivo que reducir o real para que puidese adaptarse ao espazo do mapa). Nos mapas a escala pode aparecer indicada de xeito numérico ou gráfico.
|
ESCALA NUMÉRICA
1:100000 É unha fracción que nos indica a correspondencia entre unha unidade de medida no mapa e a realidade. Así, nun mapa a escala 1: 100000, cada cm no mapa equivale a 100000 cm na realidade. Dado que para expresar as distancias na realidade non empregamos centímetros, cómpre pasar as unidades a metros ou kilómetros; para o caso anterior 1 cm no mapa serían 1000 metros ou 1 km na realidade. |
ESCALA GRÁFICA É unha liña divida en segmentos que levada ao mapa nos sinala a medida á que corresponde na realidade. |
No apartado actividades podes acceder a un documento descargable con exercicios sobre a escala cartográfica.
5.2. As proxeccións cartográficas.
Así, os cartógrafos teñen que transformar a superficie terrestre esférica nunha plana empregando os sistemas de proxección, que consisten na superposición de corpos xeométricos que sí se poidan desenvolver (cilindros, conos, planos) sobre a esfera,e trasladar a eles a súa superficie (proxección) para logo “abrir” a figura e obter o mapa.

Pulsa sobre o icono para ver unha presentación sobre as proxeccións cartográficas
5.3. Os sistemas topográficos.


