5. Os mapas.

5.1. A escala



A escala é a proporción existente entre a realidade e o mapa (cantas veces se tivo que reducir o real para que puidese adaptarse ao espazo do mapa). Nos mapas a escala pode aparecer indicada de xeito numérico ou gráfico.


ESCALA NUMÉRICA



1:100000


É unha fracción que nos indica a correspondencia entre unha unidade de medida no mapa e a realidade.

Así, nun mapa a escala 1: 100000, cada cm no mapa equivale a 100000 cm na realidade.


Dado que para expresar as distancias na realidade non empregamos centímetros, cómpre pasar as unidades a metros ou kilómetros; para o caso anterior 1 cm no mapa serían 1000 metros ou 1 km na realidade.

ESCALA GRÁFICA



Escala gráfica


É unha liña divida en segmentos que levada ao mapa nos sinala a medida á que corresponde na realidade.

No apartado actividades podes acceder a un documento descargable con exercicios sobre a escala cartográfica.