4. Orientándonos.

compásA orientación xeográfica refírese á posición dun elemento no espazo en relación aos puntos cardinais. Na actualidade as técnicas de orientación atópanse moi desenvolvidas, tal e como demostra o GPS (siglas en inglés de Sistema de Posicionamento Global) baseado na teledetección, isto é, nas sinais que emiten satélites e que son recollidas e interpretadas en mapas dixitais.

Mais a orientación existe desde moito antes da revolución científico - tecnolóxica do século XX, de feito, o propio termo orientación fai referencia ao xeito máis simple de orientarse: Oriente (Leste ou Levante) é o punto polo que sae o Sol, polo que coñecendo ese punto cardinal observando o lugar polo que amence pódense determinar os restantes. Outro dos sistemas tradicionais de orientación, neste caso na noite, era observar a Estrela Polar, que sempre marca o norte.

Xunto coa observación dos astros as necesidades de orientación debido aos intereses comerciais, militares etc… fixeron que se desenvolvesen artefactos que sinalasen os puntos cardinais, coma o compás, que consiste en orixe nunha agulla imantada que sinala a posición do norte; ou o astrolabio, que permite a localización dos astros.