Tema 1. A representación da Terra
3. A rede xeográfica.

· Os paralelos son liñas perpendiculares ao eixo terrestre que están trazadas de Oeste a Leste. O paralelo de referencia para a localización xeográfica é o Ecuador ou paralelo 0. Este paralelo divide o planeta nos hemisferios Norte e Sur; outros paralelos importantes son o Trópico de Cáncer e o Trópico de Capricornio, que sinalan os puntos do planeta que reciben máis enerxía do Sol.
· Os meridianos son liñas trazadas de Norte e Sur, unindo os polos da Terra. O meridiano de referencia para a localización xeográfica é o meridiano 0 ou meridiano de Greenwich.
A localización xeográfica baséase na distancia con respecto ao Ecuador (latitude) e na distancia con respecto ao meridiano 0 (lonxitude). Deste xeito a latitude pode ser Norte ou Sur e vai desde os 0º aos 90º situados en cada un dos polos. Pola súa banda a lonxitude pode ser Leste ou Oeste ata un total de 180º en cada dirección. Cómpre non esquecer que a latitude e a lonxitude esprésanse en graos polo carácter esférico do planeta.
|
![]() |
