Tema 11: O mundo clásico II - Roma
Conditions d'achèvement
Apuntamentos do tema 11: O mundo clásico II - Roma
7. A romanización
Enténdese por romanización o proceso polo que as distintas rexións conquistadas por Roma, asimilaron os modos de organización político-sociais, os costumes e as formas culturais romanas. Nun principio impúxose como lingua oficial do imperio o latín que só era empregada pola elite social, pero paseniñamente foi adoptada polas clases populares. Neste proceso tiveron un papel moi importante os comerciantes, os funcionarios e o exército romano.
Xunto a lingua fóronse impoñendo costumes romanos (arquitectura, roupa, comidas, relixión...) aínda que estes procesos foron de mestura co substrato cultural de cada rexión. O resultado final variou moito duns lugares a outros. Así, en Hispania, o sur e a costa mediterránea foron zonas moi romanizadas mentres que a meseta e o norte peninsular foron menos romanizadas.

PATRIMONIO ARTÍSTICO
Os romanos foron grandes construtores e na actualidade consérvanse moitos exemplos desas construcións. Destacaremos o seu legado arquitectónico en Hispania.(se fas clic en cada construción accederás á lista de restos romanos de España)
Consérvanse:- Acuedutos (como o de Segovia).
- Teatros (como o de Mérida).
- Anfiteatros (como o de Tarragona).
- Circos (como o de Mérida)
- Pontes (como o de Alcántara).
- Murallas (como as de Lugo, únicas do mundo que conservan completas su percorrido).
- Arcos de triunfo (como o de Bará).
- Templos (como o de Diana en Mérida).
- Termas (como as de Lugo).
- Faro, como a Torre de Hércules da Coruña, único faro romano que se conserva do mundo).