Tema 11: O mundo clásico II - Roma
Requisitos do completado
Apuntamentos do tema 11: O mundo clásico II - Roma
5. Hispania
No ano 218 a.C., e dentro do contexto das Guerras Púnicas (o enfrontamento entre romanos e cartaxineses polo dominio do Mediterráneo occidental), os romanos desembarcaron en Emporión e iniciaron a conquista romana da Península Ibérica, que se desenvolveu en tres fases:

No que respecta á artesanía, Hispania destacou na fabricación de armas e tecidos.
Todos estes produtos foron incorporados aos circuítos comerciais do Imperio.
Ao fronte de cada provincia había un gobernador.
- 218-197 a.C. Roma venceu aos cartaxineses e ocupou o litoral mediterráneo, parte do val do Ebro e o val do Guadalquivir.
- 197-29 a.C. Roma dominou o centro e o oeste peninsular tras vencer a lusitanos e celtiberos. Mítica foi a toma de Numancia, cidade celtibera, no ano 133 a.C.
- 29-19 a.C. Roma ocupou o norte peninsular tras vencer a cántabros e astures.

Podes ver esta animación (13') sobre o asedio romano á cidade de Numancia. |
AS RIQUEZAS DE HISPANIA
Os romanos introduciron avances agrícolas como o arado, o uso de fertilizantes e o barbeito o que permitirá aumentar a produción agrícola considerablemente, principalmente, trigo, aceite e viño. Tamén explotaron a riqueza mineira de Hispania: prata, cobre, mercurio e ouro.No que respecta á artesanía, Hispania destacou na fabricación de armas e tecidos.
Todos estes produtos foron incorporados aos circuítos comerciais do Imperio.
DIVISIÓN TERRITORIAL
Hispania foi dividida nun principio en dúas provincias (Citerior e Ulterior), no 27 a.C. dividiuse en tres (Tarraconense, Baetica e Lusitania) e, en época do emperador Diocleciano en 5 (Tarraconensis, Baetica, Lusitania, Gallaecia, Cartaxinensis. Posteriormente, Baleares separouse da Cartaxinensis formando unha provincia autónoma.Ao fronte de cada provincia había un gobernador.
![]() |
![]() |
![]() |


