Tema 11: O mundo clásico II - Roma
Conditions d'achèvement
Apuntamentos do tema 11: O mundo clásico II - Roma
4. A cultura romana
4.3. A relixión
Eran politeístas, ou sexa, crían en moitos deuses. Como noutras facetas da súa cultura, adoptaron os deuses gregos cambiándolles o nome. Construíron templos, tamén semellantes aos gregos, para realizar ritos relixiosos (ofrendas e sacrificios) co fin de solicitar favores aos deuses.
Eran moi tolerantes e admitían o culto aos deuses dos pobos conquistados.

Ademais dos cultos públicos, os romanos rendían culto aos deuses do fogar (chamados lares) nun altar doméstico (lararium) e aos espíritos dos seus antepasados (chamados manes).
Eran moi tolerantes e admitían o culto aos deuses dos pobos conquistados.

Ademais dos cultos públicos, os romanos rendían culto aos deuses do fogar (chamados lares) nun altar doméstico (lararium) e aos espíritos dos seus antepasados (chamados manes).
![]() |
![]() |
O CRISTIANISMOXurdiu no século I, nos tempos de Augusto, en Palestina. A súa figura central é Xesús de Nazaret quen difundiu a nova relixión baseada en:
A pesar das persecucións, o cristianismo seguiu crecendo. Como consecuencia, a comezos do século IV o cristianismo era a relixión maioritaria do Imperio. No ano 313 o emperador Constantino promulgou o Edito de Milán polo que legalizou o cristianismo, finalizando así a súa persecución. No ano 380 o emperador Teodosio proclamou o cristianismo como relixión oficial do Imperio, prohibíndose todas as demais. A partir dese momento, configurouse a organización da Igrexa católica, ao fronte da cal estaba o Papa, bispo de Roma. Para determinar os principios relixiosos do catolicismo, a Igrexa organizou numerosos concilios durante eses anos. |
![]() ![]() |



