Tema 11: O mundo clásico II - Roma
Conditions d'achèvement
Apuntamentos do tema 11: O mundo clásico II - Roma
4. A cultura romana
4.2. O urbanismo
| As cidades romanas tiñan un trazado regular ao redor de dúas rúas principais perpendiculares, o cardus (en dirección norte-sur) e o decumanus (en dirección leste-oeste). No lugar onde estas dúas rúas se unían establecíase o foro, unha praza rectangular porticada, que concentraba toda a vida pública. Nel se situaban os principais edificios de goberno, de culto (templos), económicos ou xudiciais. As cidades estaban amuralladas. As portas de entrada á cidade atopábanse nas saídas do cardo e do decumanus, pero tamén noutros puntos da cidade. Adoitaban estar flanqueadas por dúas torres con estancias onde se situaba a garda. |
![]() |
- Mira este esquema cos tipos de edificios máis sobranceiros dunha cidade romana (podes facer clic sobre ela e aumentará o seu tamaño)
Olla este vídeo (2'23'') para ver a organización dunha cidade romana.
Vivendas
- Domus: Casas das familias acomodadas dentro da cidade.
- Insulae: Casas de varios pisos subdividida en modestas habitacións a miúdo de aluguer.
- Vilas: Casas e leiras de recreo dos emperadores e das familias patricias situadas fóra das cidades.

|
|
