Tema 11: O mundo clásico II - Roma
Completion requirements
Apuntamentos do tema 11: O mundo clásico II - Roma
1. Cronoloxía
1.4. A fin do Imperio
Tras a división do Imperio feita por Teodosio no ano 395, cada unha das partes evolucionou de xeito moi distinto:

- O Imperio de Occidente sufriu sucesivas invasións de diversos pobos xermánicos: suevos, vándalos, alanos, visigodos, hunos, francos. Foi incapaz de frealos e estes foron creando os seus propios reinos (ver mapa). Finalmente, no ano 476, os invasores depuxeron ao último emperador romano de Occidente que, ironías da Historia, chamábase igual có primeiro rei de Roma: Rómulo
- O Imperio de Oriente aínda logrou sobrevivir mil anos máis, até 1453.Pasouse a chamar Imperio Bizantino.
