1. Cronoloxía
1.2. A República
A etapa republicana abrangue desde o ano 509 a.C. até o 27 a.C. Durante esta longa etapa Roma expandiuse formando un imperio:
- Primeiro ocupou toda a Península Itálica, tras a derrota sucesiva dos outros pobos itálicos. Finalmente, no s. III
a.C. conquistou a Magna Grecia.
- Logo iniciou a conquista do Mediterráneo Occidental. Para isto tívose que enfrontar a Cartago, outra das potencias marítimas do momento, nas chamadas guerras Púnicas. (séculos III e II a.C.). Roma saíu vitoriosa, co que se fixo co control de Sicilia, Sardeña, Sicilia, as costas mediterráneas de Hispania e parte do norte de África.
Olla este vídeo duns 7' que explica as Guerras Púnicas e fala do famoso xeneral cartaxinés Aníbal.
- Despois iniciou a súa expansión polo Mediterráneo Oriental. Entre os séculos II e I a.C. os romanos ocuparon Grecia, Macedonia e Asia Menor.
- A mediados do século I a.C., rematou a conquista da Galia (obra de Xulio César) e finalmente conquistou Exipto no ano 30 a.C. (obra de Octavio, que se converterá no primeiro emperador).
A FORMA DE GOBERNO DURANTE A REPÚBLICA
Durante a República, o poder político estivo repartido entre:
- Os comicios ou asembleas populares: formadas por todos os cidadáns (mulleres e escravos estaban excluídos) que votaban as leis e elixían aos maxistrados. De todas formas
- Os maxistrados eran elixidos anualmente e desempeñaban un cargo político sen cobrar ningún soldo e eran elixidos unha vez ao ano. Había moitos tipos de maxistrados: cónsules, pretores e censores eran os de rango máis alto.
- O Senado: formado por 300 antigos maxistrados (senadores) que se ocupaban de controlar aos maxistrados e da política exterior.
Este sistema tentaba evitar os abusos de poder ao separar as funcións executivas e lexislativas, e ao ser os cargos colexiados, electivos e temporais. A pesar disto, inicialmente era un modelo claramente oligárquico, en canto que o o acceso a estas institucións estaba reservado aos patricios. Esta exclusión dos plebeos provocou no século III a.C unha serie de conflitos sociais que remataron cunha igualación dos dereitos políticos entre patricios e plebeos.
|

 Unha das bases do éxito de Roma foi a súa organización militar. Podes ollar este vídeo de 2' que explica o funcionamento das famosas lexións romanas.
Podes ollar este vídeo de 12' que explica as batallas de Xulio César.
|
CRISE DA REPÚBLICAA enorme expansión territorial que se prouciu durante a República provocou o enriquecemento dos patricios e o empobrecemento da plebe: por un lado, a chegada de multitude de escravos provintes das guerras fará que os grandes propietarios os empreguen como man de obra, polo que a plebe vaise ver sen traballo. Ao ser tan barato producir, os prezos baixaron o que perxudicou aos pequenos propietarios que non puideron competir con eles. Roma converteuse nunha grande urbe con moita plebe empobrecida.
Producíronse varias revoltas populares, mesmo os escravos se sublevaron liderados por
Espartaco.
A situación fíxose insostible.
A isto uníronse as loitas polo poder. Os xenerais militares aumentaron o seu protagonismo político.
Xulio César, logo do seu éxito na guerra das Galias, asumiu os máximos poderes e proclamouse ditador apoiado pola plebe. Mais un grupo de Senadores asasinárono no ano 44 a.C.
Trala súa morte, as loitas internas continuaron ata que Octavio, fillo adoptivo de César, fíxose co control e no ano 27 a.C. o Senado concedeulle todo o poder proclamándose Emperador.