Tema 11: O mundo clásico II - Roma
Requisitos do completado
Apuntamentos do tema 11: O mundo clásico II - Roma
1. Cronoloxía
1.1. A Monarquía
| Nun principio, os latinos estableceron unha monarquía na que o rei concentraba os máximos poderes (administrativos, militares e relixiosos). Contaba coa axuda dun Senado que estaba formado polos membros das familias máis poderosas da cidade, os patricios (descendentes dos fundadores de Roma). Houbo sete reis (catro latinos e tres etruscos.) Os abusos de poder por parte de Lucio Tarquinio o Soberbio provocaron un levantamento contra el o que trouxo o fin da Monarquía e o establecemento dunha República. Era o ano 509 a.C. |
![]() |
