5. Cultura e arte gregas.

5.1. Cultura.


O mundo grego xenerou uns aportes culturais que tiveron unha grande trascendencia na historia de Occidente. En Grecia está a orixe da filosofía e da historia da man, respectivamente, de Sócrates, Platón e Aristóteles e de Heródoto e Tucídides.


Ademais hai que destacar a grande pegada da literatura grega, tanto en temas coma en linguaxes narrativas da man de Esquilo, Sófocles, Homero…


A nivel científico podemos sinalar os grandes aportes en matemáticas (Pitágoras e Euclides), física (Arquímedes), medicina (Hipócrates) ou astronomía (Ptolomeo).


No que respecta á relixión, os gregos eran politeístas. Contaban cun amplo panteón de deuses antropomórficos dos que sobresaía Zeus, o deus supremo que residía no monte Olimpo.

Outros deuses salientables eran Poseidón (deus do mar), Atenea (deusa da sabedoría), Afrodita (deusa do amor), Ares (deus da guerra)... Xunto cos deuses a mitoloxía grega atendía tamén á figura dos heroes, dos que destaca Heracles.


Heródoto


Cerámica grega