4. A Idade dos Metais

4.2. Cultura e arte

  • Tecnoloxía

Producíronse algúns dos inventos de maior importancia no desenvolvemento humano:

  • A roda, aplicada primeiro ao torno do oleiro e logo á creación de carros. Con ela melloraron os transportes.

  • A vela, permitiu aos barcos aproveitar a forza do vento co que aumentou o tamaño das embarcacións e co que se podían transportar máis mercadorías, e chegar máis rapidamente a terras máis afastadas.

  • O arado, fixo posible labrar maiores extensións de terreo rapidamente ao ser arrastrados por animais, o que mellorou a alimentación.

  • Outros grandes inventos da época foron o regadío e a construción de canles para achegar a auga aos campos de cultivo.

Non temos que esquecer que nalgúns lugares da Terra nunca se desenvolveu a tecnoloxía do metal fundido e por tanto permaneceron na Idade de Pedra ata que se atoparon con outras culturas máis desenvolvidas tecnoloxicamente.

  • Crenzas e arte

Aínda que se empezaron a construír a finais do Neolítico, é durante a Idade dos Metais cando teñen un gran auxe a construción de grandes monumentos de pedra denominados monumentos megalíticos ou megálitos. Os principais tipos destes monumentos son:

Os menhires ou , grandes pedras alongadas cravadas verticalmente no chan. Non se coñece ben o seu significado, probablemente eran lugares onde se rendía culto ao sol ou algún rito relacionado coa fecundidade. Poden aparecer agrupados en fileiras formando un aliñamento como o de Carnac; ou formando círculos constituíndo entón un crómlech, como o famoso de Stonehenge. Probablemente tiñan un carácter relixioso.

Stonehenge
Os dolmens eran sepulturas para grupos de persoas. Son construcións máis complicadas. Están compostas por grandes pedras verticais formando un muro, cunha gran laxa a modo de cuberta, Acostumaban estar cubertas de terra formando un túmulo. En Galicia son moi frecuentes e reciben diferentes nomes: mámoas, antas, medorras ou medoñas. Recreación dunha mámoa

Animación dun dolmen

Se queres coñecer como eran os dolmens, podes ollar este vídeo de 30 seg. de duración.

Animación dun dolmen

Se queres afondar sobre o megalitismo, podes ollar este vídeo de 2' de duración.