2. O Paleolítico

2.1. Sociedade e economía

Nesta época, o ser humano era nómade, ou sexa, non tiña unha residencia fixa, desprazábanse permanentemente en busca do alimento. Vivían en pequenos grupos con lazos familiares chamados bandas sen claras diferenzas entre os seus membros, sen líderes formais e que vivían en campamentos estacionais ou en covas.
A súa economía era depredadora, do tipo caza-recolección. A caza foi pouco importante ao principio do Paleolítico, predominando a recolección e o carroñeo. A medida que o ser humano progresou física e tecnoloxicamente a caza foi cobrando maior importancia. Así o Homo Erectus xa cazaba e facía trampas. Os neandertais e os sapiens tamén aprenderon a pescar.
A sociedade prehistórica era máis igualitaria ca sociedade moderna. Polo menos, no que respecta á repartición de tarefas entre os homes e as mulleres. Elas non só se ocupaban dos nenos, senón que se ocupaban da recolección, á caza menor, á pesca... Os homes adicábanse á caza maior. As imaxes atopadas mostran ás mulleres plenamente integradas en cuestións rituais e relixiosas.
A esperanza de vida no Paleolítico era de 20 anos xa que calquera infección ou enfermidade grave era mortal.
Facendo lume