3. Paisaxes naturais e paisaxes humanizadas.

3.1. A organización do territorio en Galicia.




Densidade de poboación en Galicia


O trazo fundamental que se deriva da simple observación do mapa de Galicia é a dispersión da súa poboación, feito que se explica tanto polas características da xeografía galega como pola historia da ocupación do territorio.

Malia que podemos falar de lugares e aldeas como formas iniciais da ocupación do espazo, o certo é que desde os primeiros compases da Idade Media desenvolveuse en Galicia unha importante rede de parroquias que se mantivo ata hoxe como un marco básico das relacións sociais.

Ademais das aldeas e das parroquias, destacan as vilas como núcleos de porboación de tamaño intermedio que actúan como cabeceiras comarcais.

Completando a estrutura poboacional galega están as cidades, das que destacan polo seu tamaño Vigo e A Coruña, superando os 200.000 habitantes cada unha delas. Nun segundo plano están as restantes capitais de provincia e outros núcleos urbanos: Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Ferrol. Cada unha delas supera os 70.000 habitantes.