Tema 4. O ser humano e o medio.

Site: Aula Virtual IES Mendiño
Cours: 2023/2024 XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO
Livre: Tema 4. O ser humano e o medio.
Imprimé par: Guest user
Date: vendredi 16 janvier 2026, 02:04

1. A relación entre o ser humano e o medio.


Os distintos medios naturais son os escenarios nos que o ser humano desenvolveu a súa historia, fornecéndoo dos recursos necesarios para a súa supervivencia e tamén para o desenvolvemento das grandes civilizacións. A dependencia que teñen os grupos humanos dos medios nos que viven é, deste xeito, indubidable. Parellamente o ser humano influíu desde sempre no medio natural mediante as súas actividades económicas, se ben a intensidade desta influenza tardou en acadar o enorme impacto que ten na actualidade. Así, nos últimos dous séculos, a revolución industrial e os seus efectos trouxeron consigo a acentuación do papel do ser humano como factor que modifica intensamente as condicións medioambientais dos espazos que habita.

Contaminación

O medio natural inflúe no ser humano mediante factores coma o clima, a altitude ou a fertilidade do solo, que favorecen ou dificultan as distintas actividades humanas, se ben a influenza destes condicionantes pode verse atenuada polo desenvolvemento tecnolóxico.

Pola súa banda, o ser humano inflúe no medio ao empregalo coma unha fonte de recursos, tanto se nos referimos á caza e á recolección características dos primeiros pasos do ser humano na historia como, no mundo actual, ás reservas de combustibles fósiles coma o petróleo que son indispensables para o funcionamento das sociedades humanas cos trazos que coñecemos.

Os recursos naturais son, deste xeito, os elementos da natureza que proporcionan ao ser humano as materias primas e as fontes de enerxía para satisfacer as súas necesidades.

Distínguese entre recursos renovables (radiación solar, vento...) e recursos non renovables (petróleo, carbón...) en función da capacidade de rexeneración do recurso por riba do consumo humano.

Ao longo da historia, e en especial a partir da revolución industrial iniciada no século XVIII, a necesidade de recursos experimentou un crecemento contínuo, e as actividades económicas relacionadas coa obtención e a xestión deses recursos causaron e causan un forte impacto ambiental (agricultura, minería, industria, transporte...).



Deforestación






flash Pulsa no icono para ver información sobre as enerxías renovables

2. Os riscos.


Mara Aral
Podemos diferenciar entre riscos naturais e riscos antrópicos (derivados das actividades humanas).
  • Riscos naturais: terremotos, inundacións, secas…
  • Riscos antrópicos: contaminación, cambio climático, deforestación…
Malia esta divisón, baseada na orixe natural ou humana dos riscos e na que afondaramos máis adiante, hai que ter presente que as actividades humanas poden nalgúns casos acentuar os desastres naturais; así, por exemplo as secas poden verse causadas ou agravadas polas talas excesivas ou a mala xestión dos recursos hídricos.

En todo caso, a existencia dos riscos, e en especial a progresiva toma de conciencia sobre o grande impacto ambiental das actividades humanas, fai que hoxe en día tanto gobernos como asociacións ecoloxistas falen do reto do desenvolvemento sostible, entendido como a conxugación das actividades económicas humanas co respecto ás condicións medioambientais do planeta. Nese marco leváronse a cabo diversas medidas como a sinatura do Protocolo de Kioto en 1997, que comprometía aos países a reducir as emisións de gases causantes do efecto invernadoiro; se ben os resultados reais desta e doutro tipo de iniciativas son claramente insuficientes.

2.1. Riscos naturais: Terremotos e volcáns.


Os terremotos son movementos de terreo, consecuencia da liberación brusca de enerxía do interior da Terra mediante ondas sísmicas. Nun terremoto distínguese o hipocentro (lugar en profundidade orixe do sismo) e o epicentro (lugar da superficie terrestre máis cercano ao hipocentro).

Se os terremotos teñen lugar no mar, denomínanse maremotos ou tsunamis, e xeneran ondas xigantescas que asulagan as costas.

A intensidade dos terremotos, medida cos sismógrafos en escalas como a de Richter, pode variar entre pequenos movementos imperceptibles ou grandes sismos que provocan unha enorme destrución, coma no caso de Haití en 2010.


Os volcáns son fendas na superficie da Terra que pola que saen materiais de diversa índole: incandescentes (lava), gases ou sólidos (piroclastos). Os volcáns poden ter consecuencias devastadoras para as poboacións que se atopen preto deles.

Podes ver as partes dun volcán na imaxe.
Partes dun volcán

Esquema dun terremoto

flPulsa na imaxe para ver unha animación sobre os terremotos.



flPulsa na imaxe para ver unha animación sobre os volcáns.






2.2. Riscos antrópicos: A contaminación da auga


Os seres humanos empregamos a auga para consumo propio e para realizar numerosas actividades. En ocasións ese uso da auga ten como consecuencia a súa contaminación, que se podería definir como o resultado da acción humana que non permite que a auga poda ser empregada nin polos seres humanos nin polos demais seres vivos. Por outra banda debemos ter presente que, malia que o noso planeta está composto de tres partes de auga, esta é un ben escaso, xa que non toda a auga da Terra é apta para o consumo humano, como vemos no gráfico:

Podemos clasificar as actividades humanas que contaminan a auga en tres grandes grupos:

1.- Contaminación por uso doméstico: as actividades domésticas requiren o uso da auga: aseo persoal, limpeza, cociña… Como resultado desas actividades os fogares producen augas residuais que conteñen restos fecais e deterxentes que fan que a auga non sexa apta para o consumo e que poda supoñer un risco para a saude e a biodiversidade.

2.- Contaminación agrícola e gandeira: O uso de produtos químicos como abonos e pesticidas na agricultura e na gandería supoñen un importante axente contaminante, xa que os compoñentes tóxicos destes produtos entran no ciclo da auga e afectan aomedio ambiente.

3.- Contaminación industrial: As actividades industriais xeneran un forte impacto ambiental na auga ao contaminala con múltiples axentes tóxicos. Algunhas manifestacións desta realidade son a choiva ácida, os verquidos de chumbo, mercurio e outras substancias contaminantes, ou a contaminación asociada á obtención e transporte de petróleo.






Distribuicón da auga



Verquidos

2.3. Riscos antrópicos. A contaminación atmosférica


Actividades humanas tanto no ámbito doméstico (sistemas de calefacción e refrixeración), como no industrial e dos transportes (queima de combustibles fósiles) supoñen unha contínua emisión á atmosfera de gases contaminantes, coma o dióxido de carbono ou o dióxido de xofre, que causan graves alteracións para as condicións de vida do planeta.

Entre os efectos da contaminación atmosférica podemos sinalar o efecto invernadoiro e a destrucción da capa de ozono.

O efecto invernadoiro consiste en que os gases emitidos á atmosfera fan que a radiación solar se intensifique, e polo tanto aumente a temperatura do planeta. Isto trae consigo consecuencias como a perda de biodiversidade, ou a suba do nivel do mar polo derretamento dos xeos.

A destrucción da capa de ozono, detectada no último terzo do século XX e motivada polos CFC presentes nos aerosoles e sistemas de refrixeración, supón a perda progresiva da capa que protexe aos seres vivos das radiacións ultravioletas do Sol, con efectos negativos para a saúde e as condicións de vida.

Furado na capa de ozono
flPulsa no icono para ver unha animación sobre o efecto invernadoiro.
flPulsa no icono para ver outra animación sobre o efecto invernadoiro.


Mapa das emisións de dióxido de carbono


flPulsa no icono para ver unha animación sobre o furado na capa de ozono.


2.4. Riscos antrópicos. A contaminación dos solos.


Os solos son estruturas moi complexas e imprescindibles para satisfacer as necesidades humanas de alimentos a través da agricultura. A acción humana altera os solos de distintos xeitos:

· Contaminantes do solo: En paralelo á contaminación da auga (choiva ácida, augas residuais, verquidos industriais e agropecuarios) os solos vense moi alterados polas actividades humanas.

· Salinización dos solos: Os solos poden ver incrementados os seus niveis de salinidade debido ao uso de augas non depuradas ou á mala xestión da auga doce, feito que incide negativamente na súa fertilidade.

· Desertificación: A desertificación consiste no deterioro extremo do solo fértil ata chegar a un punto no que se converte en solo desértico, sen capacidade de recuperación.
A desertización pode deberse a procesos naturais asociados cos climas, pero tamén pode ter unha causas antrópicas tales como a sobreexplotación de acuíferos, a mala xestión das explotacións agrícolas, a deforestación ou os incendios forestais.
Risco de desertificación
mpPara ver un mapamundi sobre a deforestación no século XXI pulsa no icono.

3. Paisaxes naturais e paisaxes humanizadas.


As paisaxes poden clasificarse en dous grandes grupos en función da incidencia nelas das actividades humanas.

  • Paisaxes naturais: son aquelas nas que non existe intervención humana ou esta é mínima: montañas, rexións polares…

  • Paisaxes humanizadas: son aquelas que se caracterizan por unha grande actividade humana, que se traduce en numerosas construcións, infraestruturas: cidades, áreas industriais…

A Antártida
cmPulsa no icono para ver un fragmento de vídeo sobre a Antártida (1:21'')







Toquio
cPulsa no icono para ver un vídeo sobre o mundo urbano.


3.1. A organización do territorio en Galicia.




Densidade de poboación en Galicia


O trazo fundamental que se deriva da simple observación do mapa de Galicia é a dispersión da súa poboación, feito que se explica tanto polas características da xeografía galega como pola historia da ocupación do territorio.

Malia que podemos falar de lugares e aldeas como formas iniciais da ocupación do espazo, o certo é que desde os primeiros compases da Idade Media desenvolveuse en Galicia unha importante rede de parroquias que se mantivo ata hoxe como un marco básico das relacións sociais.

Ademais das aldeas e das parroquias, destacan as vilas como núcleos de porboación de tamaño intermedio que actúan como cabeceiras comarcais.

Completando a estrutura poboacional galega están as cidades, das que destacan polo seu tamaño Vigo e A Coruña, superando os 200.000 habitantes cada unha delas. Nun segundo plano están as restantes capitais de provincia e outros núcleos urbanos: Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Ferrol. Cada unha delas supera os 70.000 habitantes.