2. Os riscos.


Mara Aral
Podemos diferenciar entre riscos naturais e riscos antrópicos (derivados das actividades humanas).
  • Riscos naturais: terremotos, inundacións, secas…
  • Riscos antrópicos: contaminación, cambio climático, deforestación…
Malia esta divisón, baseada na orixe natural ou humana dos riscos e na que afondaramos máis adiante, hai que ter presente que as actividades humanas poden nalgúns casos acentuar os desastres naturais; así, por exemplo as secas poden verse causadas ou agravadas polas talas excesivas ou a mala xestión dos recursos hídricos.

En todo caso, a existencia dos riscos, e en especial a progresiva toma de conciencia sobre o grande impacto ambiental das actividades humanas, fai que hoxe en día tanto gobernos como asociacións ecoloxistas falen do reto do desenvolvemento sostible, entendido como a conxugación das actividades económicas humanas co respecto ás condicións medioambientais do planeta. Nese marco leváronse a cabo diversas medidas como a sinatura do Protocolo de Kioto en 1997, que comprometía aos países a reducir as emisións de gases causantes do efecto invernadoiro; se ben os resultados reais desta e doutro tipo de iniciativas son claramente insuficientes.