3.2: Os climas e as súas paisaxes
Completion requirements
6. As paisaxes en Galicia
Galicia está encadrada dentro do que chamamos clima oceánico. En xeral, as temperaturas son suaves e as precipitacións abondosas durante todo ano, máis en inverno. Agora ben, debido á súa xeomorfoloxía, existen grandes contrastes.

A súa vexetación está composta por eucaliptos e piñeiros que desprazaron ao bosque natural no que predominaba o carballo e o castiñeiro. En xeral a costa é a zona máis densamente poboada de Galicia, sobre todo as rías baixas. |
![]() |
A vexetación natural desta zona quedou minguada como consecuencia da explotación agrícola e gandeira, predominando os pastos e campos de cultivo. Agora ben, aínda se poden atopar os típicos bosques de árbores caducifolias. |
![]() |
En canto á vexetación, presenta a típica gradación: No fondo dos vales predominan as terras agrícolas, aparecen logo formacións de bosques caducifoloios (con aciñeiras, bidueiros, carballos, castiñeiros). Máis arriba as árbores dan paso aos toxos, xestas e uces que servían para a elaboración do estrume. |
![]() |



