3.2: Os climas e as súas paisaxes
| Site: | Aula Virtual IES Mendiño |
| Course: | 2023/2024 XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO |
| Book: | 3.2: Os climas e as súas paisaxes |
| Printed by: | Usuario convidado |
| Date: | Friday, 16 January 2026, 1:03 AM |
1. Zonas climáticas da Terra
Combinando os elementos meteorolóxicos estudados (temperatura, humidade, precipitacións, presión atmosférica e vento) e os factores que inciden neles (latitude, altitude, distancia respecto ao mar) dan como resultado diferentes climas na Terra.
Podemos dividir á Terra en función da temperatura en cinco zonas. Fíxate no nome dos paralelos que marcan a separación entre cada zona.
![]() |
Climas cálidos:
|
Olla esta animación onde explica porque fai máis calor nos trópicos e máis frío nos polos. |
2. Climas cálidos
Dánse na zona intertropical situada arredor do Ecuador, entre o Trópico de Cáncer ao norte e o Trópico de Capricornio ao sur.É a zona da Terra que recibe máis insolación, de aí que teña elevadas temperaturas: o mes máis frío é superior aos 18º.
Os climas cálidos son:
|
|
2.1. Clima ecuatorial
|
|
|
![]() |
|
![]() |
|
|
En Asia, non obstante, ocorre o contrario e existe unha alta densidade de poboación. A vexetación natural foi substituída por plantacións de arroz, té e heveas (de onde se obtén o caucho) |
2.2. Clima tropical chuvioso
|
|
Acumúlanse máis de 1000 l/m². |
![]() |
Nos esteiros dos ríos e na costa dánse os mangleiros, unhas árbores con raíces aéreas que soportan a salinidade do mar. |
![]() |
O río Nilo é un bo exemplo. |
|
Como o clima é bo para o cultivo de produtos que se consumen moito a nivel mundial (cacao, café, azucre...) moitas compañías multinacionais teñen grandes plantacións nestes lugares. |
2.3. Clima tropical seco
É un clima de transición entre o tropical húmido e o clima desértico. |
![]() |
Iso si, ten algo máis de amplitude térmica có ecuatorial e có tropical chuvioso.
|
![]() |
|
|
|
|
|
2.4. Clima desértico
|
![]() |
Ten unha amplitude térmica maior có tropical (superior aos 10ºC). A outra característica distintiva deste clima é a súa gran oscilación térmica diaria: a alta insolación xunto a ausencia de humidade, fai que os días sexan moi calorosos e a noites frías.
|
![]() |
Nos oasis (ver imaxe) e nos uadis é onde se acumula máis vexetación. |
|
Outra formación acuífera típica dos desertos que se forman con mananciais de augas subterráneas, son os oasis. |
|
|
3. Climas temperados
Dánse entre os trópicos e as zonas polares en ámbolos dous hemisferios.Os distintos factores que inciden nos elementos meteorolóxicos (latitude, altitude, distancia ao mar, correntes mariñas...) perfilan os seguintes climas temperados:
|
|
3.1. Clima subtropical (chinés)
|
![]() |
A auga total acumulada depende de moitos factores facendo que haxa moita diferenza duns continentes a outros. Podemos dicir, en xeral, que se acumula entre 800 e 2.000 l/m² anuais. |
![]() |
|
![]() |
|
|
|
3.2. Clima mediterráneo
|
![]() |
Destaca a aridez do seu verán. O inverno é unha época con relativamente poucas precipitacións. Estas concéntranse principalmente en primavera e outono, e poden ser de forma torrencial. |
![]() |
Son típicas tamén as devesas, pradeiras arboradas, con diversas especies forestais non moi mestas. |
![]() |
|
![]() |
As súas terras son moi fértiles e, polo tanto, aptas para a agricultura. Onde escasea máis a auga cultívase a chamada triloxía mediterránea: cereais, vides e oliveiras. |
3.3. Clima oceánico
|
![]() |
Os invernos son moderados, as medias non soen baixar dos 0 ºC, e os veráns frescos pois non adoitan superar os 18 ºC de media.
|
![]() |
|
![]() |
|
|
En América, tanto norte como sur, son zonas pouco poboadas que aínda conservan os seu bosques. |
3.4. Clima continental
|
![]() |
|
![]() |
Máis ao sur, onde as precipitacións son máis escasas e os veráns máis cálidos, atopamos estepas, grandes chairas con herba baixa. |
![]() ![]() |
|
|
Ademais a taiga é moi aproveitada polo ser humano para a fabricación de papel. |
4. Climas fríos
O clima frío dánse nos casquetes polares (ao norte do Círculo Polar Ártico e ao sur do Círculo Polar Antártico), e nas zonas de montaña.
|
|
4.1. Clima polar
|
![]() |
A amplitude térmica anual é grande.
|
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
En Norteamérica os coñecidos esquimós; no norte de Escandinavia os lapóns. Na Antártida soamente viven científicos e exploradores. |
4.2. Clima de alta montaña
Como están situadas a distintas latitudes, teñen distinta altitude e diferente orientación, os valores de temperaturas e precipitacións cambian moito dun lugar a outro. |
![]() |
En xeral, caracterízase por ter uns invernos fríos e longos, con temperaturas negativas, e veráns frescos e curtos.
En xeral, son abondosas ao longo do ano e, en inverno, en forma de neve. |
![]() |
Para representala úsanse as cliseries (podes ver neste enlace ou na imaxe as cliseries dos sistemas montañosos da península Ibérica). |
enlace |
|
|
Pero o seu aproveitamento é grande: explotación dos bosques, pastos para a gandaría, centrais hidroeléctricas e, máis recentemente, actividades turísticas como os deportes de neve, o sendeirismo... |
5. As paisaxes en España
Os climas en España presentan peculiaridades debido aos seguintes feitos:- A situación da península Ibérica, ao sudoeste de Europa e máis preto do Trópico de Cáncer ca do Círculo Polar Ártico.
- Rodeada de mares que traen un dominio dos ventos marítimos que suavizan as temperaturas e á súa vez xeran humidade.
- As mesetas centrais están rodeadas por sistemas montañosos que dificultan a chegada deses ventos marítimos ao seu interior.
- Unha elevada altitude media (660m) que inflúe, como vimos, nas temperaturas e nas precipitacións.
É un clima suave e húmido, o que favoreceu o desenvolvemento dos bosques caducifolios, se ben as actividades económicas alteraron fondamente estes conxuntos naturais. |
![]() |
As temperaturas son suaves en invernos e calorosas no verán. As precipitacións anuais son escasas, e concéntranse principalmente no outono e primavera, dándose episodios de chuvias torrenciais debido ao fenómeno coñecido como "gota fría". En canto a vexetación, destacan os bosques perennifolios (aciñeira, piñeiros...) e os sotobosques (maquis e garriga). |
![]() |
A vexetación natural máis abondosa é a estepa, pero como se trata dun terreo chan moi apto para a agricultura, foi transformada en zonas de cultivos de secaño e con gandaría extensiva. |
![]() |
Caracterízase por un descenso nas temperaturas e un aumento das precipitacións. A vexetación adoita situarse en pisos, de xeito que nos primeiros tramos das ladeiras poden aparecer coníferas (abetos) e conforme se ascende gañan protagonismo a matogueira e os pastos. |
|
As temperaturas son altas todo o ano (entre os 17º e os 25ºC), pero, debido á influenza do océano, en ningún momento son extremas. As precipitacións varían moito dunhas illas a outras. Así, nas illas máis orientais, influenciadas polos ventos secos do deserto africano, son moi escasas, chegando a ser un clima árido semidesértico. Con todo, nas illas occidentais, máis influenciadas polos ventos oceánicos, poden chegar aos 1.200 l/m² . Se a isto lle unimos o feito de que son illas montañosas, podemos entender que a súa vexetación teña un variado catálogo de especies autóctonas distribuídas en chanzos (dragos, palmeiras, laurisilva...), aínda que noutras zonas haxa estepa ou directamente desertos. |
![]() |

6. As paisaxes en Galicia
Galicia está encadrada dentro do que chamamos clima oceánico. En xeral, as temperaturas son suaves e as precipitacións abondosas durante todo ano, máis en inverno. Agora ben, debido á súa xeomorfoloxía, existen grandes contrastes.
A súa vexetación está composta por eucaliptos e piñeiros que desprazaron ao bosque natural no que predominaba o carballo e o castiñeiro. En xeral a costa é a zona máis densamente poboada de Galicia, sobre todo as rías baixas. |
![]() |
A vexetación natural desta zona quedou minguada como consecuencia da explotación agrícola e gandeira, predominando os pastos e campos de cultivo. Agora ben, aínda se poden atopar os típicos bosques de árbores caducifolias. |
![]() |
En canto á vexetación, presenta a típica gradación: No fondo dos vales predominan as terras agrícolas, aparecen logo formacións de bosques caducifoloios (con aciñeiras, bidueiros, carballos, castiñeiros). Máis arriba as árbores dan paso aos toxos, xestas e uces que servían para a elaboración do estrume. |
![]() |




































