5. As paisaxes en España

Os climas en España presentan peculiaridades debido aos seguintes feitos:
  • A situación da península Ibérica, ao sudoeste de Europa e máis preto do Trópico de Cáncer ca do Círculo Polar Ártico.
  • Rodeada de mares que traen un dominio dos ventos marítimos que suavizan as temperaturas e á súa vez xeran humidade.
  • As mesetas centrais están rodeadas por sistemas montañosos que dificultan a chegada deses ventos marítimos ao seu interior.
  • Unha elevada altitude media (660m) que inflúe, como vimos, nas temperaturas e nas precipitacións.
Con isto, podemos agrupar as paisaxes españolas en cinco grandes zonas:
  • Clima oceánico
Localízase na franxa costeira do norte peninsular, de Galicia ao País Vasco.
É un clima suave e húmido, o que favoreceu o desenvolvemento dos bosques caducifolios, se ben as actividades económicas alteraron fondamente estes conxuntos naturais.

Paisaxe oceánica
  • Clima mediterráneo
Localízase na franxa costeira do sur e do leste da Península, nas Illas Baleares, Ceuta e Melilla.
As temperaturas son suaves en invernos e calorosas no verán. As precipitacións anuais son escasas, e concéntranse principalmente no outono e primavera, dándose episodios de chuvias torrenciais debido ao fenómeno coñecido como "gota fría".
Gota fríaPodes ollar este vídeo que explica o fenómeno da gota fría.
En canto a vexetación, destacan os bosques perennifolios (aciñeira, piñeiros...) e os sotobosques (maquis e garriga).

Esta vexetación natural, practicamente desapareceu nestes lugares debido ao elevado grao de ocupación humana e á conversión de moitas terras en zonas de cultivo (un exemplo son as oliveiras en Xaén).

Paixase mediterránea
Cultivos de oliveiras en Xaén
  • Clima mediterráneo continentalizado
As mesetas, no interior da península Ibérica, aínda que teñen clima mediterráneo, debido á súa altitude media (entre os 600-700m), á súa maior distancia ao mar e ao estar rodeada por sistemas montañosos, teñen trazos continentais. Así os invernos son máis fríos, os veráns máis calorosos e as súas precipitacións son menores.
A vexetación natural máis abondosa é a estepa, pero como se trata dun terreo chan moi apto para a agricultura, foi transformada en zonas de cultivos de secaño e con gandaría extensiva.
Paisaxe de Castela
  • Clima de montaña.
Localízanse nas zonas que superan os 1000 metros de altitude.
Caracterízase por un descenso nas temperaturas e un aumento das precipitacións.
A vexetación adoita situarse en pisos, de xeito que nos primeiros tramos das ladeiras poden aparecer coníferas (abetos) e conforme se ascende gañan protagonismo a matogueira e os pastos.

  • Clima canario
As illas Canarias, ao estar preto do Trópico de Cáncer e das costas africanas, teñen un clima de tipo subtropical
As temperaturas son altas todo o ano (entre os 17º e os 25ºC), pero, debido á influenza do océano, en ningún momento son extremas.
As precipitacións varían moito dunhas illas a outras. Así, nas illas máis orientais, influenciadas polos ventos secos do deserto africano, son moi escasas, chegando a ser
un clima árido semidesértico. Con todo, nas illas occidentais, máis influenciadas polos ventos oceánicos, poden chegar aos 1.200 l/m² .
Se a isto lle unimos o feito de que son illas montañosas, podemos entender
que a súa vexetación teña un variado catálogo de especies autóctonas distribuídas en chanzos (dragos, palmeiras, laurisilva...), aínda que noutras zonas haxa estepa ou directamente desertos.

Lurisilca canaria
Climas de España