4. Climas fríos

4.2. Clima de alta montaña

  • Localización
É propio das montañas con máis de 2.500 m de altitude.
Como están situadas a distintas latitudes, teñen distinta altitude e diferente orientación, os valores de temperaturas e precipitacións cambian moito dun lugar a outro.
Clima de alta montaña
  • Temperaturas
A temperatura descende, como xa vimos no tema anterior, coa altitude: 0,6º C por cada 100 m.
En xeral, caracterízase por ter uns invernos fríos e longos, con temperaturas negativas, e veráns frescos e curtos.
  • Precipitacións
Dependen tamén da altitude e da ladeira. Chove máis na vertente de barlovento que na de sotavento).
En xeral, son abondosas ao longo do ano e, en inverno, en forma de neve.
Climograma de alta montaña
  • Vexetación
Varía moito duns lugares a outros pero en todos os casos disponse en "niveis" en función da altitude, sucedéndose os bosques, as matogueiras e os prados.
Para representala úsanse as cliseries (podes ver neste enlace ou na imaxe as cliseries dos sistemas montañosos da península Ibérica).

enlace
  • Ríos
Son moi abondosos , xunto aos torrentes, con moita auga en inverno e en primavera polo desxeo.

  • Ocupación humana
As montañas propiamente ditas teñen escaso poboamento, concentrándose este nos vales.
Pero o seu aproveitamento é grande: explotación dos bosques, pastos para a gandaría, centrais hidroeléctricas e, máis recentemente, actividades turísticas como os deportes de neve, o sendeirismo...