3. Climas temperados

3.4. Clima continental

  • Localización

É típico das latitudes medias (35º-55º) do interior dos grandes continentes (Asia e América). Por iso só se dá no Hemisferio Norte.
Clima continental
  • Temperaturas
Ao non estar cerca do mar, presenta temperaturas extremas: Os invernos son fríos e rigorosos, con moitas semanas nas que non se exceden os 0 ºC. En cambio os veráns son frescos con medias ao redor dos 18ºC, aínda que poden chegar a ser até calorosos.
  • Precipitacións
As choivas son escasas, menos de 600 l/m² anuais. A época máis chuviosa é o verán, pero mesmo nesa época non son abondosas.
     
Climograma continental
  • Vexetación
Nas zonas máis ao norte, onde os veráns son máis fríos, atopamos a taiga ou bosque boreal. Está formada por coníferas como os abetos, piñeiros...
Máis ao sur, onde as precipitacións son máis escasas e os veráns máis cálidos, atopamos estepas, grandes chairas con herba baixa.
     
Taiga
Estepa
  • Ríos
A pesares de que chove pouco, son caudalosos xa que recollen a auga das extensas zonas chás por onde circulan.
     

  • Ocupación humana
Non son zonas moi densamente poboadas, pero as zonas esteparias son moi axeitadas para o desenvolvemento da gandaría e o cultivo de cereais.
Ademais a taiga é moi aproveitada polo ser humano para a fabricación de papel.