3. Climas temperados

3.3. Clima oceánico

  • Localización
Sitúase entre os 35º e os 60º de latitude, norte e sur, e nas costas occidentais dos continentes.
Clima oceánico
  • Temperatura
A súa temperatura media está ao redor dos 15 ºC. A acción do mar fai que a súa amplitude térmica sexa pequena (uns 12 ºC) comparándoa coa que é propia nestas latitudes.
Os invernos son moderados, as medias non soen baixar dos 0 ºC, e os veráns frescos pois non adoitan superar os 18 ºC de media.
  • Precipitacións
É un clima chuvioso, entre os 800 e os 1500 l/m². Chove todo ano, aínda que en verán diminúen as precipitacións.
Climograma oceánico
  • Vexetación
As formas de vexetación típicas deste clima son:
  • O bosque caducifolio con carballos, castiñeiros, faias...
  • A landa, formada por matogueiras como o breixo, o toxo, a xesta...
  • Os prados.
Bosque caducifolio
  • Ríos
Teñen un caudal abondoso e bastante regular debido ás constantes chuvias.

  • Ocupación humana
A zona oceánica europea está densamente poboada. Os seus bosques, aínda que abondosos, foron deixando paso aos prados para a gandaría ou á agricultura.
En América, tanto norte como sur, son zonas pouco poboadas que aínda conservan os seu bosques.