|
Sitúase entre os 35º e os 60º de latitude, norte e sur, e nas costas occidentais dos continentes.
|

|
A súa temperatura media está ao redor dos 15 ºC. A acción do mar fai que a súa amplitude térmica sexa pequena (uns 12 ºC) comparándoa coa que é propia nestas latitudes. Os invernos son moderados, as medias non soen baixar dos 0 ºC, e os veráns frescos pois non adoitan superar os 18 ºC de media.
É un clima chuvioso, entre os 800 e os 1500 l/m². Chove todo ano, aínda que en verán diminúen as precipitacións.
|

|
As formas de vexetación típicas deste clima son:
- O bosque caducifolio con carballos, castiñeiros, faias...
- A landa, formada por matogueiras como o breixo, o toxo, a xesta...
- Os prados.
|

|
|
Teñen un caudal abondoso e bastante regular debido ás constantes chuvias.
|
|
A zona oceánica europea está densamente poboada. Os seus bosques, aínda que abondosos, foron deixando paso aos prados para a gandaría ou á agricultura. En América, tanto norte como sur, son zonas pouco poboadas que aínda conservan os seu bosques.
|
|