3. Climas temperados

3.2. Clima mediterráneo

  • Localización
Sitúase entre os 30º e os 45º de latitude, tanto norte como sur, e na fachada oeste dos continentes.
Clima mediterráneo
  • Temperaturas
Os veráns son cálidos e os invernos temperados. A súa temperatura media A amplitude térmica é duns 10º-15ºC.
  • Precipitacións
Son moderadas ou escasas (non chegan aos 800 l/m²).
Destaca a aridez do seu verán. O inverno é unha época con relativamente poucas precipitacións. Estas concéntranse principalmente en primavera e outono, e poden ser de forma torrencial.
Climograma mediterráneo

  • Vexetación
A vexetación dominante é o bosque mediterráneo, formado por aciñeiras, piñeiros... e outras plantas xerófilas, adaptadas á aridez estival. Así as matogueiras son espiñentas ou con follas pequenas.
Son típicas tamén as devesas, pradeiras arboradas, con diversas especies forestais non moi mestas.
Devesa
  • Ríos
O seu caudal é escaso e irregular. En verán levan moi pouca auga ou mesmo chegan a secarse. E cando hai tormentas poden provocar riadas e inundacións. Un exemplo, témolo en España co río Xúcar.
Riada en Almería
  • Ocupación humana
Son lugares densamente poboados e, no caso do Mediterráneo europeo, habitado dende hai miles de anos.
As súas terras son moi fértiles e, polo tanto, aptas para a agricultura.
Onde escasea máis a auga cultívase a chamada triloxía mediterránea: cereais, vides e oliveiras.