3. Climas temperados

3.1. Clima subtropical (chinés)

  • Localización
Sitúase entre os 20º e os 35º de latitude, tanto norte como sur, e nas fachadas orientais dos continentes.
Clima subtropical
  • Temperaturas
As temperaturas son cálidas en verán e suaves en inverno, tendo unha amplitude térmica anual duns 15ºC.
  • Precipitacións
As chuvias son abondosas todo o ano, aínda que se concentran máis no verán, que é cando chegan as masas de aire húmido.
A auga total acumulada depende de moitos factores facendo que haxa moita diferenza duns continentes a outros. Podemos dicir, en xeral, que se acumula entre 800 e 2.000 l/m² anuais.
Climograma chino
  • Vexetación
A vexetación é variada, indo desde as coníferas ao bosque subtropical húmido no que a vexetación é abondosa, combinando árbores caducifolias e especies tropicais como os bambús, magnolias, arbustos do té, etc.
Bosque de bambús
  • Ríos
Son caudalosos, e presentan só unha pequena variación no seu caudal.

  • Ocupación humana
Estes lugares son dos máis densamente poboados do mundo, e por iso a vexetación natural foi en grande parte substituída por plantacións ou urbanizada.