A medida que nos afastamos máis do Ecuador e penetramos nas zonas temperadas do interior dos continentes, as precipitacións fanse moito máis escasas. É un clima de transición entre o tropical húmido e o clima desértico.
|

|
Son algo máis suaves en inverno e cálidas en verán. Aínda así a temperatura media supera os 18ºC. Iso si, ten algo máis de amplitude térmica có ecuatorial e có tropical chuvioso.
Seguen a ter unha estación seca (o "inverno") e outra húmida (o "verán"), pero a estación seca ten maior duración. As chuvias son moito máis escasas (aínda que superan os 250 l/m² non chegan aos 700).
|

|
|
A sabana vai dando paso á estepa, unha formación vexetal con herbas baixas e matogueiras ben preparadas para afrontar a aridez (plantas xerófilas).
|
|
Son pouco caudalosos e irregulares, xa que tamén sofren crecidas e estiaxes.
|
|
Igual que no tropical chuvioso, hai pouca densidade de poboación. Os pobos viven ben dunha agricultura primitiva, ben do pastoreo.
|
|