|
A selva, chamada xungla en Asia, é un bosque moi mesto cunha gran variedade de especies vexetais distribuídas en "pisos" ou "niveis": así hai árbores que poden superar os 30 metros nos pisos altos até os brións e fentos ao nivel do solo, ao que lle chega dificilmente a luz solar.
|

|
|
Son moi caudalosos e regulares. Un exemplo é o río Amazonas.
|
|
En América e África, hai moi pouca densidade de poboación. Os pobos indíxenas viven da recolección e dunha agricultura primitiva. En Asia, non obstante, ocorre o contrario e existe unha alta densidade de poboación. A vexetación natural foi substituída por plantacións de arroz, té e heveas (de onde se obtén o caucho)
|
|