3.1: Tempo e clima
Completion requirements
2. ELEMENTOS METEOROLÓXICOS
2.5. Tipos de precipitacións
En función da súa orixe temos:
| i. Choivas por convección, danse en zonas de baixas presións e altas temperaturas, como o Ecuador. O aire cálido e húmido ascende, coa altura a temperatura diminúe, a masa de aire arrefríase, condénsase e chove. |
|
| ii. As precipitacións orográficas, prodúcense cando unha masa de aire húmida choca cunha montaña, elévase, arrefría, condensa e precipita como choiva ou neve. |
|
| iii. As precipitacións de fronte, cando dúas masas de aire diferentes, unha cálida e outra fría chocan, prodúcense abondosas precipitacións e ás veces saraiba. É típica das zonas temperadas. | ![]() |
