3.1: Tempo e clima
Requisitos do completado
2. ELEMENTOS METEOROLÓXICOS
2.3. Humidade e precipitacións
A humidade é a cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera. Provén da evaporación dos océanos, mares, etc. A cantidade de vapor de auga que pode absorber o aire depende da súa temperatura. Así o aire quente admite máis vapor de auga có aire frío.
Mídese co higrómetro, e exprésase en porcentaxes (%).
| As precipitacións refírense á auga líquida (chuvia ou orballo) ou sólida (neve ou saraiba) que cae sobre a superficie terrestre. Mídense, con axuda do pluviómetro en l/m2 ou mm (é o mesmo dicir que caeron 5 l/m2 A auga na Terra non permanece estática senón que realiza nun movemento cíclico constante entre os distintos lugares onde se atopa almacenada: desde a atmosfera aos océanos. Este movemento recibe o nome de ciclo da auga. |
- Iníciase co proceso de evaporación: A enerxía solar converte a auga líquida en vapor de auga. Este vapor é maioritariamente de orixe marítima. As plantas e os animais tamén expulsan vapor no proceso de respiración.
- Unha vez na atmosfera, este vapor de auga ascende, arrefríase e condénsase sobre partículas sólidas (o po atmosférico) formándose minúsculas pingas de auga líquida que se manteñen en suspensión. Esta masa de pingas de auga microscópicas con po no seu interior é o que chamamos nubes. Se a condensación se produce a nivel de chan, orixínase o orballo. Se o arrefriado é con temperaturas baixo cero prodúcense partículas de xeo.
- As pingas vanse unindo unhas con outras formando pingas maiores que, cando o grao de condensación é moi elevado, terminan por precipitarse á superficie terrestre.
- A maior parte das precipitacións prodúcense sobre o mar de maneira que, neste caso, péchase o ciclo, volvendo a auga ao lugar onde partiu. Unha porción menor cae sobre a terra. A maior parte desta auga discorre sobre a superficie da mesma (escorrentía), formando torrentes ou ríos que van parar finalmente ao mar. A outra parte da auga penetra no interior da terra formando augas subterráneas. Este proceso coñécese como infiltración. Moitas destas augas subterráneas forman ríos baixo terra que tamén van parar ao mar; outras quedan almacenadas en forma de reservas subterráneas, chamadas acuíferos.
Podes ollar esta animación do ciclo da auga.