1. Introdución

Exelearning é unha ferramenta de código aberto que facilita a creación de contidos educativos dunha maneira sinxela

Permite crear contido dixital para empregar na clase empregando a aula virtual do centro, ou ben  dende a propia rede, De forma, que dentro deste formato dixital podemos engadir; texto, imaxes, vídeos, actividades, incrustar recursos feitos con outras ferramentas (xeoxera, jclic, ardora, scratch,....) facer vídeos interactivos,... 

Unha vez feito o podemos exportar a múltiples formatos: HTML, SCORM, paquete IMS; co cal o podemos empregar en distintos sitios

O curso diseñouse de menor a maior dificultade e permanecerán abertos todos os módulos, xa que isto permitirá a cada un avanzar según  o seu propio ritmo

Cada módulo ten varíos apartados en función de como se estruture esa parte que compón exelearning e ao final do mesmo hai un foro para resolver as dúbidas que vaian xurdindo, En cada apartado non hai tarefas para realizar e si no último módulo hai unha pequena tarefa que se debe enviar como evidencia do curso