LinguaGalega2Bacharelato26/27
Section outline
-
DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (Lingua galega e literatura no apartado 29, do ANEXO II, sobre o currículo das materias)
A seguir, achégovos o Temario de Lingua Galega e Literatura II, correspondente a 2º de Bacharelato. Tamén achego o calendario de exames e exposicións orais para todo o curso. O resto de indicacións iranse dando nas clases, de asistencia obrigatoria xa que a materia é presencial.
DATAS DOS EXAMES
1ª AVALIACIÓN:
1º Exame: 5 de outubro
2º Exame: 9 de novembro
Exposicións orais na clase: do 10 ao 16 de novembro.
Avaliación: 17 de novembro
2ª AVALIACIÓN:
1º Exame: 14 de decembro
2º Exame: 1 de febreiro
Exposicións orais na clase: do 2 ao 15 de febreiro
Avaliación: 16 de febreiro
3ª AVALIACIÓN:
1º Exame: 15 de marzo
2º Exame: 26 de abril
Entrega de audios para avaliación oral: do 22 ao 18 de febreiro (durante a "Semaniña enteira")
Recuperación (EXAME FINAL ORDINARIO): 10 de maio
AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA: 13 de maio
EXAME FINAL EXTRAORDINARIO: 7 de xuño
AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA: 10 de xuño
Os exames, de preferencia, realizaranse no Salón de actos e serán modelo PAU, polo que terán unha duración de 90 minutos: das 12.20h ás 13.50h (cómpre estar no salón de actos ás 12.10h). Calquera modificación sobre o calendario ou o horario será tratada na clase.
-
DATAS PAU 2027:
Convocatoria Ordinaria: ....................... de xuño 2027
Convocatoria Extraordinaria: ................ de xullo 2027
Marco legar e información sobre cada un dos catro bloques da proba.
Podedes consultar toda a información PAU nesta ligazón. Nela atoparedes os exames das últimas convocatorias (coa súa corrección), o modelo de exame 2027 cos seus criterios de corrección.
Tamén vos deixo a ligazón a estoutra web (chea de recursos) que vos pode ser de axuda.
-
-
Aquí irei subindo os temas de Lingua e sociedade. Irémolos dando seguindo a orde cronolóxica que consideramos que mellor acae para o seguimento da parte literaria. Non todos os temas que daremos neste apartado entran no temario PAU, mais no arquivo da organización do curso xa se indican cales entran e cales non.
-
O temario de literatura comprende 12 temas que repasan a literatura galega desde 1916 até a actualidade. En principio, este temario darémolo por orde. E, a canda os temas, achegaremos arquivos (ou ligazóns) cos textos máis representativos. Tamén achegaremos exemplos / modelos de comentarios. Mais lembrade que non hai modelos fechados, cómpre ler ben os enunciados e contestar ao que se vos pregunte. E ollo, que adoitan ser enunciados complexos con varias cuestións.
Tedes aberta ao longo de todo o curso unha tarefa de comentario literario para que subades (en formato PDF por favor!) todos os que consideredes. Eu tentarei corrixírvolos en liña o antes posíbel. E tamén os podemos comentar na clase.
Obras literarias que é ben que leades, xa que son moi representativas do temario:
A esmorga, Eduardo Blanco Amor
Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas
Os camiños da vida, Ramón Otero Pedrayo
Merlín e familia, Álvaro Cunqueiro
Circe ou o pracer do azul, Begoña Caamaño
-
Abertas: martes, 29 de setembro de 2026, 12:00 AMPendente: luns, 10 de maio de 2027, 12:00 AM
-
En 2º de Bacharelato faise un repaso da Lingua Galega en todos os aspectos (que poden ser obxecto de pregunta de exame): fonética, semántica, morfoloxia, sintaxe...
O documento de referencia serán as NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO.
A seguir achegamos algúns arquivos de repaso (textos teóricos e exercicios) que vos poden ser de utilidade.
Estes contidos traballaranse todo ao longo do curso.
1. O VERBO
Na ligazón atoparedes a información necesaria arredor do verbo: conxugación regular, irregular, verbos con alternancia vocálica, infinitivo conxugado, perífrases, morfoloxía verbal... Lémbrovos que o dicionario da RAG ofrece a positibilidade de conxugar calquera verbo. A maiores, aquí vos deixo un Ximnasio de verbos para que exercitedes os que teñen alternancia vocálica, nunha web que vos sinala a abertura da vogal (para aqueles que non esteades tan familiarizados/as coa Lingua Galega). Ánimo e a sacar músculo verbal!
2. O PRONOME
Ademais da ampla teoría que tedes na ligazón de arriba, aquí tedes exercicios sobre a colocación do pronome átono (nos que máis adoitades fallar) cos que podedes practicar o aprendido. Nestoutra ligazón, podedes atopar máis información, en xeral, sobre o pronome e, en parcticular, sobre o uso do pronome se en galego.
3. A ACENTUACIÓN
Na ligazón de arriba podedes repasar toda a teoría sobre a acentuación, incluídos casos especiais que adoitan ofrecer dúbidas, e o acento diacrítico, que constitúe unha falta grave nos exames. E unha vez feito o repaso teórico, podedes facer a práctica aquí, por exemplo.
4. O SUBSTANTIVO E O ADXECTIVO
Na ligazón atoparedes un repaso da teoría do substantivo (formación do feminino e do plural) e do adxectivo (formación do feminino, formación do plural e gradación). E aquí tedes exercicios para practicar.
5. O ADVERBIO. Aquí tedes unha ligazón con teoría do adverbio. Nos documentos de abaixo tendes exercicios.
6. A PREPOSICIÓN. Aquí tedes unha ligazón con teoría e práctica da preposición e locucións propositivas.
MORFOLOXÍA: ademais das fotocopias que dei na clase, achego exercicios, e máis exercicios de segmentación morfolóxica e indicar o valor de cada morfema. E modelos de exame ABAU con preguntas de morfoloxía.
SINTAXE: ademais das fotocopias que vos dei na clase, achego aquí explicacións e exercicios de sintaxe. E aquí unhs prácticas de sintaxe para a ABAU. -
A seguir achegamos un documento que vos pode ser de utilidade para resolver a primeira pregunta do exame PAU. Nel sintetizamos como facer un esquema, un resumo, como indicar o tema dun texto ou como poñerlle título. Estas destrezas porémolas en práctica todo ao longo do curso.
Tamén indicamos como facer definicións, que é outra das preguntas que adoitan aparecer nesta primeira parte.
-
DA TERRA ASOBALLADA, Ramón Cabanillas
DE CATRO A CATRO, Manuel Antonio
COUSAS, Castelao
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, Castelao
OS CAMIÑOS DA VIDA, Ramón Otero Pedrayo
LONGA NOITE DE PEDRA, Celso Emilio Ferreiro
A ESMORGA, Eduardo Blanco Amor
DONA DO CORPO DELGADO, Álvaro Cunqueiro
MEMORIAS DUN NENO LABREGO, Xosé Neira Vilas
CON PÓLVORA E MAGNOLIAS, Xosé Luís Méndez Ferrín
ADIÓS, MARÍA, Xohana Torres
AMOR DE TANGO, María Xosé Queizán
POLAROID, Suso de Toro
O LAPIS DO CARPINTEIRO, Manuel Rivas
-
PARA O CONTEXTO DA GALIZA DA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX
Mamasunción, de Chano Piñeiro
Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro
PARA O CONTEXTO DA GUERRA CIVIL E A POSGUERRA
O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa
A esmorga, de Ignacio Vilar
PARA O CONTEXTO DA GALIZA DOS ANOS 80 E O NARCOTRÁFICO
Fariña, serie baseada no libro homónimo de Nacho Carretero