Section outline

  • O temario de literatura comprende 12 temas que repasan a literatura galega desde 1916 até a actualidade. En principio, este temario darémolo por orde. E, a canda os temas, achegaremos arquivos (ou ligazóns) cos textos máis representativos. Tamén achegaremos exemplos / modelos de comentarios. Mais lembrade que non hai modelos fechados, cómpre ler ben os enunciados e contestar ao que se vos pregunte. E ollo, que adoitan ser enunciados complexos con varias cuestións.

    Tedes aberta ao longo de todo o curso unha tarefa de comentario literario para que subades (en formato PDF por favor!) todos os que consideredes. Eu tentarei corrixírvolos en liña o antes posíbel. E tamén os podemos comentar na clase. 

    Obras literarias que é ben que leades, xa que son moi representativas do temario:

    A esmorga, Eduardo Blanco Amor

    Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas

    Os camiños da vida, Ramón Otero Pedrayo

    Merlín e familia, Álvaro Cunqueiro

    Circe ou o pracer do azul, Begoña Caamaño