ORIENTACIÓN ACADÉMICA
Section outline
-
Aínda que temos que esperar a convocatoria oficial de PAU que sairá no DOG en febreiro seguramente temos unha posible novidade moi interesante!!
Se lembrades, na parte voluntaria da PAU (antiga EBAU) podíasche presentar ata un maxímo de 4 materias cursadas ou non cursadas e esas notas gardábanchas para dous cursos (o do ano do exame e o seguinte), véndose afectados os chicos e as chicas que facían un FP pois, digamos, perdían esas notas baremadas ao querer ir solicitar acceso á uni 3 xuños despois facer a PAU. POIS BEN, novidades!
Agora as notas da fase voluntaria gárdanse TRES ANOS!! (o propio do exame, e dous máis) de maneira que se fas un FP superior e termínalo dentro dos dous anos, poderían sumarche esas notas que saque agora na parte voluntaria cando queras acceder a uni tras rematar o FP! É unha moi boa noticia, ogallá o confirmen na convocatoria do DOG!
Outra novidade que sí que parece estar confirmada é que varía un pouco a elección desas 4 materias xa que agora son 3 máis unha lingua tal e como se che explica no seguinte cadro.
-
Preme na imaxe para comezar a navegar polo ORIENTA. É un programa informático online que contén información actualizada sobre:
- Universidade: todos os graos que existen, acceso desde outras comunidades e a súa táboa de ponderacion...
- FP Superior
- FP Medio
- FP Básica
- Outros estudos
- Cuestionarios de orientación profesional
- LOMLOE (Títulos-Itinerarios)
- Información xeral relacionada cos estudos
-
Horario PAU 2025.

-
Aínda que podes vir ao Departamento de Orientación para aclarar calquera dúbida aquí tes as resposta que da a CIUG a determinadas preguntas tipo: Como se calcula a nota de admisión a unha titulación determinada? Se me presento á parte voluntaria tamén me pondera a Materia de modalidade da parte obrigatoria? Se me presento ás probas ABAU (parte obrigatoria e parte voluntaria) e non supero a parte obrigatoria, consérvase a parte voluntaria para o ano seguinte? Consérvase para a convocatoria extraordinaria? ETC!
-
Aínda que esto e información para o futuro moi futuro, aquí tes info para que cando pases a PAU (ou a FP Superior) e sexa o memomento de pedir titulacions aquí tes algunhas respostas a posibles dúbidas que podas ter: canta titulación podes pedir, listas de espera etc
-
Toda (ou case toda) a información que vas precisar sobre o acceso a universidade. PERO LEMBRA! soamente para a PAU de Galicia e o noso Sistema Universitario Galego (U. Vigo, U. Santiago e U. de Coruña). Se queres info doutras ponderacións ou formas de acceso a outras unis, no programa Orienta tes toda a información sobre as outras comunidades autónomas.
-
Grado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte
Dirixidas a garantir que o alumnado posúa as aptitudes necesarias para o correcto desenvolvemento das competencias propias da titulación establécese que o alumnado que queira cursar esta titulación deberá superar unhas probas de aptitude física. A inscrición adoita ser agora no segundo trimestre polo que debes estar atento se á web de cada grao universitario se queres ir. Desde o curso pasado recoñécense as probas da uni de coruña na uni de vigo e viceversa. Se queres facer este grao noutra comunidade autónoma debes consultar se che validan as probas de Galicia na propia facultade
CORUÑA
VIGO
Grado Industríal de MODA UDC
Requisito de nivel de inglés para ingresar.
-
-
Aquí podes atopar os ciclos tanto por posibles profesións como polos nomes dos ciclos en si. Aparecerá un mapa de Galicia e nel os centros educativos que teñan os ciclos formativos que te interesan.
-
Como novidade, parece que a Xunta publico a nota da última persona que entrou o curso pasado en FP superior, daqueles ciclos nos que esa nota foi superior a un 7.
Á primera táboa non lle fagades moito caso, a máis últil é a segunda táboa
-
Aquí podes atopar, ordeados por universidade e titulación, o número de créditos que convalida cada grao en función do FP Superior cursado.
-
-
-
Neste enlace, máis ou menos na metade da páxina, podes ver que contidos teñen as materias de :Ciencias Xerais, Economía, Emprendimiento e Actividade Empresarial, Matemáticas Xerais, Movementos culturais e artísticos